GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A galega que aplacou a "morriña" da emigración

(10/02/2012)

A galega que aplacou a "morriña" da emigración

 
 
Venres, 10.02.2012
  • Carolina Casal, de Caldas, fundou xunto ao seu marido Goya Foods, hoxe a maior empresa de alimentos españois para EUA.
  • Con só 17 anos, Carolina Casal e a súa irmá Anita embarcáronse rumbo a Puerto Rico en busca dun futuro mellor. A galega namorouse dun mozo burgalés, Prudencio Unanue. Casáronse e montaron unha pequena tenda de alimentación. Pronto comezaron a importar olivas e aceite de oliva de España para aplacar a "morriña" das e dos emigrantes que, como eles, botaban tanto de menos o sabor da súa terra.
  • Hoxe, Goya Foods é a primeira empresa de alimentos españois en Estados Unidos e foi elixida por Michelle Obama como exemplo de alimentación sa.

A galega Carolina Casal e o seu home, Prudencio Unanue, de viaxe

Unha muller parca en palabras pero sempre sorrinte, que desbordaba cariño e dozura e que lles ensinou que na vida nada se regala. Así recordan os seus netos a Carolina Casal, unha galega de Caldas de Reis que emigrou a Puerto Rico e fundou xunto ao seu marido Goya Foods, a que é hoxe á empresa familiar hispana máis grande de todo Estados Unidos.

Carolina tiña só 17 anos cando decidiu embarcarse rumbo a Puerto Rico coa súa irmá Anita en busca dun futuro mellor que o que podía ofrecerlle Galicia. Pronto coñeceu a Prudencio Unanue, un mozo de Villasana de Mena (Burgos) do que se namorou. Con moito esforzo e moitas renuncias, a parella casouse e conseguiu abrir unha pequena tenda de alimentación. Despois de ter o seu primeiro fillo, Ulpiano, decidiron marchar a Nova York. "Alí empezaron cun pequeno almacén a importar produtos españois para as poucas familias hispanas que, como eles, estaban lonxe dos seus fogares; o primeiro foron as olivas e o aceite", describe Robert Unanue, neto dos fundadores e actual presidente de Goya Foods.

O comezo da Guerra Civil en España foi unha nova proba para o talento emprendedor de Prudencio e Carolina. Non podían importar alimentos da súa terra pero, lonxe de renunciar ao seu soño americano, decidiron probar sorte cun novo produto, unhas latas de sardiñas que chegaban dende Marrocos coa etiqueta Goya. "Gustoulles o nome que, ademais, é o do pintor español, polo que compraron a marca por un dólar e bautizaron á súa nova empresa Goya Foods," continúa Robert.

Na década seguinte, a ondada de inmigración portorriqueña a Nova York traduciuse para a familia nunha nova oportunidade e decidiron ampliar os seus produtos a outros típicos de toda latinoamérica. "O meu avó Prudencio sempre dicía que hai que ser atrevidos, hai que tomar riscos", apunta o presidente. E a súa valentía deu bos froitos. Actualmente Goya Foods ofrece máis de 1.500 produtos en Estados Unidos, o Caribe e outras partes do mundo.

Mentres o seu esposo seguía ampliando o negocio co seu bo olfacto empresarial, Carolina ocupábase de coidar os catro fillos que tiveron: Ulpiano, José, Antonio e Francisco. Sempre ao seu lado estivo a súa irmá Anita que foi o seu grande apoio. A familia seguiu crecendo a un ritmo trepidante e converteron a parella en avós de 18 netos.

Robert, ao que toda a familia coñece como Bob, é un dos seis fillos que tivo Antonio e dende os 10 anos xa prestaba a súa axuda no negocio familiar. Empacó oliveiras e aceite nunha adega da compañía en Brooklyn e cargou camións ata converterse, en 1999, en presidente da compañía que hoxe ten 3.500 empregados e a sede principal en Nova Yersey. Dos 18 netos e netas, seis forman parte da empresa e xa participan tamén na "gran familia Goya Foods" nove bisnetos e bisnetas. Ademais, a pesar da crise, a familia mantén o 100 por 100 do capital.

Robert recorda a súa avoa como unha muller moi familiar. De feito, ata a súa morte aos 94 anos (en 1984) "cada domingo, despois de misa, iamos todos á súa casa e a ela encantáballe", di o seu neto para o que sempre foi "impresionante" o exemplo dos seus avós "oitenta anos xuntos". Naquelas reunións dominicais a comida era moi importante. "Ás veces a miña avoa preparaba caldo galego e tamén facía un arroz con leite bo", rememora con deleite o seu neto.

Ese caldo galego, aínda que en briks, foi un dos produtos cos que Goya Foods aplacou a morriña de miles de galegos e galegas emigrantes. Ademais, de Vigo importan conservas mariñas de atún, navallas, mexillóns, polbo, sardiñas e lura. "Os mariscos galegos son un dos nosos produtos máis antigos e tiñan especial éxito entre os cubanos emigrantes en Nova York e en Miami", apunta Robert.

Para coñecer as súas orixes, Robert e a súa familia viaxaron varias veces a Vigo. " Que ben comemos alá! ", exclama o neoiorquino. Non visitaron o pobo da súa avoa, Caldas de Reis, senón que quedaron en Vigo, onde aínda teñen algúns primos do seu pai como o notario Alberto Casal e o seu irmán Carlos.

Robert fala moi ben español xa que cando o seu pai se encargou de abrir a planta de produción de Goya Foods en Sevilla toda a súa familia se mudou á cidade durante dous anos. Ademais viviu outros dez anos en Puerto Rico "onde non se fala un español tan rico como en España", confesa.

A fama de Goya Foods chegou ata a Casa Branca e Michelle Obama fixouse nesta empresa como exemplo para promover un tipo de alimentación saudable nun país no que unha de cada tres persoas son obesas. Paréceme que Michelle Obama ten un desexo verdadeiro de mellorar a condición física do país; non é para nada unha estratexia política", opina Unanue, que quedou encantado "coa simpatía e proximidade" da primeira dama na presentación da campaña a finais de xaneiro. "A campaña Mércores prato forma parte da iniciativa "Let ´ s go" (Imos movernos) que promove o Goberno. Trátase dunha guía para identificar doadamente os grupos básicos de alimentos que constan de verduras, cereais, froitas, proteínas e produtos lácteos,".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas