GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Setenta médicos galegos fóronse ao estranxeiro no 2011

(10/02/2012)

Setenta médicos galegos fóronse ao estranxeiro no 2011

Esa emigración, sobre todo a Portugal e ao Reino Unido, creceu un 12 %

Autor:
elisa álvarez
Localidade:
santiago / a voz
Data

Desde o 2008 ao 2011, o número de médicos españois que decidiron facer as maletas e emigrar a outro país pasou de 600 a 1.435. En Galicia, o éxodo dos facultativos tamén aumentou, e no pasado ano foron 73, fronte aos 60 do 2010. A Coruña, con 33, e Pontevedra, con 21, lideran a marcha de profesionais, mentres que en Ourense foron 12 e en Lugo 7 os médicos que marcharon no 2011 a outros países, fundamentalmente ao Reino Unido e ao veciño Portugal.

Aínda que non son as principais vítimas dos recortes, o secretario xeral da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), Patricio Martínez, teno claro: «Estásenos escapando o mellor da nosa profesión», explica. Esta situación, sumada a que entre os próximos cinco e oito anos vai haber unha porcentaxe importante de xubilacións de médicos e á amortización de prazas vacantes, «porá en perigo a viabilidade desde o punto de vista dos recursos humanos».

O Ministerio de Sanidade chileno, por exemplo, acaba de ofertar 510 postos de médicos a España, mentres que é probable que Alemaña tamén solicite persoal especializado español.

 

Ausencia de planificación

O Colexio de Médicos da Coruña acolleu onte en Santiago un foro organizado pola UIMP e o Consello de Colexios Médicos sobre a profesión médica ante a crise, no que se valoraron os recortes e a sustentabilidade do sistema. Os relatores coincidiron en aspectos como a ausencia de planificación das Administracións e a falta dun rexistro de sanitarios, o que leva a un desequilibrio entre autonomías e especialidades.

Patricio Martínez asegurou que para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde son precisos varios cambios estruturais. Un deles é, respectando as competencias das autonomías en sanidade, adelgazar o armazón burocrático; levar a cabo presupostos realistas e finalistas; definir un catálogo de prestacións único; dar carácter vinculante ao Consello Interterritorial da Saúde nalgunhas decisións, e devolver a capacidade de xestión clínica ao médico. O secretario xeral da CESM reclamou tamén un pacto pola sanidade como o de Toledo nas pensións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas