GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Lareira galega de Chile reelixe á súa xunta directiva

(08/02/2012)

A Lareira galega de Chile reelixe á súa xunta directiva

Autor:
Redacción
Localidade:
La Voz
Data

Os emigrantes galegos membros da Lareira Galega de Chile celebraron o pasado 20 de decembro unha votación para elixir á súa Xunta directiva. Dado que non se presentou alternativa á actual, os asistentes decidiron reelixir aos actualis mismbros da directiva para o período 2011 ? 2013. Os representantes desta colectividade en Chile ratificaron os seus cargos o 17 de xaneiro.

A presidenta é María Myriam López Marín, o vicepresidente Manuel Christian Iglesias Rufs, o secretario Francisco Guillermo Bustos Palomino e o tesoureiro José Arturo Vásquez Barja; ademais, ocupan diversos cargos de responsabilidade Jorge Rivera Villarroel, José Manuel Vázquez Rodríguez, Natalia del Pilar Bustos López, María Isabel Dávila Losada, José Antonio Yáñez Diéguez, Jorge Misa Lehyt e Agenor Mauricio López Marín.

Este grupo de directivos mostrou a súa intención de seguir crecendo con prudencia e creatividade para xerar novos espazos de participación onde poidan compartir nenos, novos, adultos e maiores.

Aprendices de gaita en Santiago de Chile

O profesor Antón Davila Santos impartiu as clases sobre este instrumento tradicional galego

O profesor Antón Davila Santos foi o encargado de impartir o seminario de Gaita Tradicional Galega que se celebrou durante quince días en Santiago de Chile. O curso, organizado pola secretaría xeral de Emigración da Xunta, tivo lugar o pasado decembro e as clases levaron a cabo con gran entusiasmo dos participantes.

Os logros obtidos foron postos en práctica na Noite de Gaitas realizada no Estadio Español e na visita ao Fogar Español, onde o profesor Davila xunto aos seus alumnos da Lareira Galega compartiron cos nenos do Internado Escola.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas