GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Báñez non aclara os rumores sobre a política migratoria do Goberno

(07/02/2012)

Báñez non aclara os rumores sobre a política migratoria do Goberno

Martes, 07 de Febreiro de 2012

Fátima BáñezA ministra de Emprego, Fátima Báñez, non fixo ningún anuncio nin aclaración sobre os rumores que corren sobre a política de inmigración que porá en marcha o Goberno do Partidio Popular nin sobre os rumores de posibles restricións aos permisos de residencia por arraigamento. Con todo, si adiantou que facilitará o retorno dos españois emigrados a través dun certificado.

Na súa primeira intervención no Congreso, Báñez explicou que establecerá un certificado de emigrante retornado que facilitará a reintegración social, sanitaria e laboral dos españois que se marcharon ao exterior e que volvan residir en España. O obxectivo é garantir a súa seguridade xurídica.

Sobre políticas de inmigración, ningunha novidade, pois volveu pór o acento na premisa de 'a inmigración ordenada e controlada', insistindo en que os estranxeiros que veñan a España deben ter un contrato laboral ou medios económicos suficientes. E reiterou que hai que asegurar o cumprimento das normas e da lexislación vixente en materia de estranxeiría.

En canto ás solicitudes de residencia por arraigamento, só limitouse a indicar que serán 'igualmente celosos en canto á aplicación das normas en materia de arraigamento e reagrupación familiar' porque, ao seu xuízo, no pasado aplicáronse con 'excesiva laxitud'. E aproveitou a ocasión para descartar 'regularizacións masivas'.

A intervención de Báñez non aclarou os rumores sobre a posible eliminación da residencia por arraigamento nin sobre a repatriación dos estranxeiros que queden en paro, rumores que que xeran preocupación entre a comunidade inmigrante, que está afectada por unha taxa de paro do 34%. Tamén entre os estranxeiros que residen irregularmente en España e que desexan tramitar o seu permiso de residencia acolléndose a esta modalidade nos próximos meses.

Báñez fixo fincapé en que 'o inmigrante legal ha de coñecer os seus dereitos pero tamén as súas obrigacións, do mesmo xeito que o nacional español' e insistiu en que a integración implica o coñecemento da cultura e os costumes españois mediante accións formativas, pero sen profundar en detalles.

Tamén manifestou a súa intención de revisar a política de subvencións a organizacións que traballan con inmigrantes para mellorar os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas