GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As denegacións de entrada a España creceron un 17% en 2011

(03/02/2012)

As denegacións de entrada a España creceron un 17% en 2011

Venres, 03 de Febreiro de 2012

aeropuertoO número de persoas rexeitadas nos postos fronteirizos habilitados en portos e aeroportos (denegacións de entrada) aumentou un 17,30% en 2011 e pasaron de 9.453 en 2010 a 11.092 o ano pasado. Tamén creceu un 2,08% o número de inmigrantes repatriados, pasando de 30.163 a 30.792 inmigrantes irregulares que foron deportados.

Segundo o Balance da loita contra a inmigración ilegal en 2011 presentado polo Ministerio do Interior, este último dato é consecuencia do incremento do fluxo de chegadas de inmigrantes ilegais rexistrado durante 2011 en España.

Pola contra, reducíronse as readmisións (persoas que cruzaron a fronteira entre España e Francia ou España e Portugal, e que foron interceptadas e devoltas ao país do que saíu en virtude dos acordos con estes dous países) nun 34,76%, e pasaron de 1.959 en 2010 a 1.278 en 2011.

As devolucións (persoas que trataron de entrar en España por postos non habilitados como fronteiras) tamén caeron un 3,19%. En 2011 foron 7.064 mentres que en 2010 producíronse 7.297 devolucións. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas