GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Presidente de Atees «Nunca pensei que volvese tanta xente a traballar a Suíza»

(03/02/2012)

Presidente de Atees «Nunca pensei que volvese tanta xente a traballar a Suíza»

Camariñán, leva 30 anos en Delémont e está á fronte dunha entidade que aglutina a veciños da Costa da Morte

Autor:
s. g. rial
Localidad:
carballo / la voz
Data

Luis Blanco Rodríguez, natural do lugar de O Cotro, en Buría (Camariñas), é o presidente da Asociación de Trabajadores Españoles en Suíza, que todos coñecen como sociedade ATEES, polas súas iniciais. Situada en Delémont, no cantón do Jura, é o gran centro galego de toda a volta, aínda que non se defina como tal. Funciona dende hai 18 anos e ten 150 socios. Nas fins de semana xúntase moita xente no seu local, a inmensa maioría da Costa da Morte, especialmente de Camariñas. Luis leva 30 dos seus 48 anos (49 o vindeiro 23 de marzo) en Suíza, así que coñece ben o mundo da emigración, que curiosamente está renacendo.

-¿De onde é a xente que forma parte da ATEES?

-De toda a zona, de Camariñas, Vimianzo, concellos de Bergantiños, Cee... Toda esta comarca.

-¿Que tipo de actividades fan?

-Este é un lugar de encontro, e as actividadades fanse sobre todo no verán, pero tamén as hai o resto do tempo. Comidas, sobre todo, pero tamén aproveitamos as festas, como a de Reis, para organizar algúns festivais.

-E son o único centro galego de Delémont.

-A verdade é que antes había un centro español, pero están buscando outro lugar, e mentres, pois estamos nós. Somos un centro español tamén, pero na práctica a xente que vén é dos nosos concellos. Xa os da xunta directiva o somos tamén: o vicepresidente é de Braño (Carantoña), o tesoureiro, de Lazo, en Camelle (Camariñas); a secretaria, tamén de Camariñas...

-¿Como se está vendo a crise dende aí? Hai moitos retornados.

-Si que hai si, e moitos dos que xa marcharan para España están volvendo outra vez. Xente que se foi hai dez anos ou máis, agora quere volver. Eu nunca pensei que volvese tanta xente a traballar a Suíza. Os que veñen, e os que queren, porque chaman moito.

-¿Tamén xente nova?

-Si, tamén, mozos que veñen sen ter estado aquí nunca. E non é fácil. Na construción aínda se vai atopando algo, pero nas fábricas xa non. Calculo que nas últimas semanas chegarían aquí, en total, unha cincuenta persoas. Máis ca o ano pasado, que serían trinta ou por aí. E isto non acaba.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas