GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 15.200 galegos de entre 25 e 44 anos deixaron Galicia no 2010 para buscar emprego

(31/01/2012)

Máis de 15.200 galegos de entre 25 e 44 anos deixaron Galicia no 2010 para buscar emprego

Autor:
p. b. m. redacción / a voz
Data  31/01/2012 

Un total de 15.262 galegos de entre 25 e 44 anos deixaron Galicia en busca dun emprego, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), correspondentes ao ano 2010. Deses, 10.256 fixarían como o seu destino outra comunidade autónoma, sen saír de España, mentres que 4.618 deixaron a comunidade galega para irse ao estranxeiro. Por tramos de idades, serían 9.777 os que emigraron cando tiñan entre 25 e 34 anos e 5.485 os que o fixeron entre os 35 e os 44. O rexistro de emigración externa de Galicia, nese 2010, increméntase con respecto ao dato do 2009: aquel ano, emigraran, neses mesmos rangos de idades, un total de 14.874 persoas. A tendencia á alza mantense tamén tomando o dato do 2008: entón, 14.239 persoas decidiron saír de Galicia en busca de emprego.

Con respecto ao total galego, tendo en conta todos os elos de idades, un total de 95.388 persoas movéronse desde o seu lugar de orixe a outro. Desas, 66.546 fixérono establecendo como punto de destino outra localización na comunidade galega, 9.170 movéronse a outro país e, o resto, a outra comunidade española (Madrid, Cataluña e Canarias, sobre todo).

 

Ao estranxeiro e por provincias

A preponderancia dos mozos nesa emigración ao estranxeiro é clara: dos 9.170 galegos que optaron por irse a outro país no 2010, 4.618 tiñan entre 25 e 44 anos. Se se toma como referencia os últimos cinco anos, este tipo de emigración, concretamente, non deixou de crecer, tanto con respecto aos galegos que tiñan entre 25 e 34 anos (pasaron de 926 no 2005 a 2.704 no 2010), como entre os que tiñan entre 35 e 44 anos (pasaron de 468 no 2005 a 1.830 no 2010).

Por provincias, o maior achegue de mozos emigrantes a países do estranxeiro ofrecérono as máis poboadas, é dicir, as da Coruña e Pontevedra. No primeiro caso, foron 1.785 os coruñeses que decidiron irse. Algúns menos foron os pontevedreses, que quedaron, segundo eses últimos datos do Instituto Galego de Estatística, en 1.500. No caso de Lugo, 470 mozos entre 25 e 44 anos emigraron durante o 2010, mentres que, en Ourense, fixérono 779 persoas neses tramos de idades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas