GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo asegura que non pechará as delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo

(30/01/2012)

Feijóo asegura que non pechará as delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo

Polo servizo que prestan aos emigrantes aínda que aceptaría a oferta de Exteriores de trasladalas ás sedes dos consulados ou embaixadas

E.E. 27 de xaneiro de 2012


O presidente da Xunta de Galicia, recordou que a capital arxentina chega a ser como a terceira cidade de Galicia polo número de galegos que acolle, tras Vigo e A Coruña. Apuntou que o gastos anuales de cada unha destas oficinas equivale "máis ou menos ao que cobra un cónsul".

O Executivo galego garante que presentará a Lei de Apoio ao Retorno antes de que finalice a lexislatura



A Xunta de Galicia manterá as súas únicas tres oficinas exteriores en Bos Aires, Montevideo e Bruxelas, se ben aceptou a oferta do Ministerio de Asuntos Exteriores para usar o espazo físico das embaixadas españolas co fin de aforrar diñeiro.

Nunhas declaracións publicadas por diferentes medios de comunicación, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu, malia a crise económica, a necesidade de manter abertas as devanditas oficinas por cuestións operativas, entre outras, porque, sobre todo en Arxentina e Uruguai, prestan servizo a miles de cidadáns de orixe galega.

Para Feijóo, Bos Aires chega a ser como a terceira cidade de Galicia polo número de galegos que acolle, tras Vigo e A Coruña. Ademais, o presidente galego sostén que o gasto total ao ano de cada unha destas oficinas, entre nóminas do persoal destinado e aluguer, oscila entre 140.000 e 150.000 euros, o que equivale "máis ou menos ao que cobra un cónsul", apunta.

Con todo, Feijóo, consciente da necesidade de axustar o presuposto autonómico, dirixiuse por carta ao Ministerio de Asuntos Exteriores para aceptar a súa oferta a todas as comunidades autónomas para recolocar as súas respectivas oficinas rexionais en espazos das embaixadas ou consulados.

Feijóo tamén considera imprescindible manter a oficina da Xunta en Bruxelas, co fin de canalizar mellor e de modo máis directo os fondos comunitarios, "que son fundamentais" aínda para o seu presupostos.

Plataformas empresariais

Á marxe destas tres oficinas, Feijóo sinalou que a Xunta ten subscritos convenios coa Confederación de Empresarios e as cámaras de comercio galegas, ás que financia para que abran oficinas no exterior, " pero esas son plataformas empresariais" e non tanto con obxectivos 
 administrativos ou institucionais como as tres primeiras.

Plataformas que se enmarcan na estratexia de internalización das pequenas e medianas empresas. Unha iniciativa que se xestiona dende a Consellería de Economía e Industria e quedou plasmada na Rede PexGa, de carácter exclusivamente comercial.

Segundo fontes da Consellería, nestes momentos a Xunta conta con 11 oficinas destas características abertas ou ao fío da súa "apertura inmediata". O obxectivo é "conseguir 700 novas empresas galegas exportadoras e incrementar en 3.400 millóns de euros as vendas ao exterior. E todo iso no período 2011-2013, segundo os prazos que baralla a Xunta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas