GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Valedor do pobo pide a aprobación dun regulamento para os CIE

(27/01/2012)

O Valedor do pobo pide a aprobación dun regulamento para os CIE

Xoves, 26 de Xaneiro de 2012

CIESon tan numerosas as deficiencias que presentan os Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) que a Oficina do Valedor do pobo pediu ao Goberno que aprobe con urxencia un regulamento que regule o seu funcionamento e que estableza garantías para os inmigrantes recluídos neles. Tamén pediu que non estean custodiados pola policía, senón por traballadores sociais.

Así o indicou a Valedora do pobo en funcións, María Luisa Cava de Llano, nunha intervención no Foro da Nova Sociedade.

Actualmente, o funcionamento destes centros réxese por unha orde ministerial de 1999 que, entre outras carencias, nin sequera define claramente as súas funcións. Ademais, pediu que non estean custodiados pola policía senón por traballadores sociais por dous motivos: primeiro, que os inmigrantes que ingresan nun CIE non cometeron ningún delito, senón unha falta administrativa por permanecer en España de forma irregular. E en segundo lugar, porque os axentes non están preparados para asumir estas funcións.

Tamén denunciou a inexistencia dunha vixilancia adecuada nas súas dependencias e, malia que moitos xa contan con cámaras de vixilancia instaladas por iniciativa propia, recordou que a recente morte dun mozo no CIE de Barcelona produciuse precisamente nun lugar onde non había cámaras.

Os videos permitirían verificar as continuas denuncias que recibe o Valedor do pobo sobre os malos tratos aos internos. Por iso, solicitou ao Ministerio do Interior a súa instalación.

Respecto da investigación da morte doutra persoa recluída nun CIE de Madrid, adiantou que se constatou que estes centros non dispoñen dun servizo de atención sanitaria os fins de semana nin de rexistros sobre as peticións de asistencia dos internos.

A Valedora do pobo non cuestionou a existencia dos CIE, pero si as deplorables condicións que teñen en España: a sobrepoblación, deficiencias sanitarias e as contínuas denuncias de malos tratos nas súas dependencias son unha constante. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas