GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España é o país da UE con máis remesas enviadas por inmigrantes

(23/01/2012)

 

España é o país da UE con máis remesas enviadas por inmigrantes

Colombia, Ecuador, Bolivia e China recibiron a maior parte do diñeiro remitido dende Europa en 2010

21/01/12

EFE España volveu a ser en 2010 o país comunitario do que saíron máis remesas (o 23 por cento do total nese país, ata 7.200 millóns de euros) de inmigrantes, por diante de Italia, Alemaña, Francia, e Holanda, segundo un informe publicado por Eurostat, a oficina estatística comunitaria.
Colombia, Ecuador e Bolivia, xunto con China, foron os países que recibiron a maior parte das remesas enviadas por inmigrantes dende a Unión Europea (UE) en 2010. Eurostat tamén sinala que ese ano volveu crecer o envío total de remesas, un 3 por cento ata os 31.200 millóns de euros en comparación co de 2009 (ano en que os envíos resultaron moi afectados pola crise económica internacional), e un 61 por cento con respecto de 2004.

Saída de envíos
A pesar dese incremento en 2010, a saída de remesas dende os vinte e sete en 2010 foi un 5 por cento inferior aos seus máximos niveis de 2008, cando alcanzou os 32.800 millóns de euros, subliña a oficina europea.
A proporción de remesas dirixidas cara a países extracomunitarios permaneceu estable: representaron o 72% do total en 2010, ao igual que en 2009 e 2008.
Durante a caída que experimentou a economía global en 2009, as remesas enviadas a países terceiros retrocederon un 7 por cento e, as dirixidas a outros Estados membros, un 9 por cento.
A súa recuperación foi tímida en 2010: as remesas extracomunitarias avanzaron un 1 por cento ata os 22.300 millóns de euros e, as enviadas dentro da UE, un 6 por cento ata os 8.900 millóns, destaca Eurostat.
España volveu ser en 2010 o país da Unión Europea do que saíron máis remesas, por diante de Italia, Alemaña, Francia, e Holanda.
As remesas procedentes deses cinco países, que concentran o 68% dos 32,5 millóns de inmigrantes que habitan actualmente na UE (deles, máis da metade procede de África, Asia e a América), representaron en 2010 o 68% do total dos envíos dos Veintisiete, uns 21.200 millóns de euros.

Fluxo a países extracomunitarios
España tamén foi o Estado que máis remesas envía a países de fóra da Unión. O 89% do total das remesas procedentes de España partiu a países extracomunitarios en 2004, aínda que os envíos caeron ao 82% en 2009.

O maior fluxo de remesas en 2010 foi o que se produciu de Italia a China, seguido do aberto dende España cara a Colombia e Ecuador, aínda que tamén destacou o que existe entre España e Bolivia.
Os Estados membros que máis remesas reciben dos seus emigrantes dende outros países da UE son España, Polonia, Portugal e Romanía. A principal canle de remesas dirixidas a un Estado membro foi o que situou a España como receptor de envíos procedentes de Suíza, o Reino Unido e Italia.
A confederación europea de ONG dedicadas á axuda humanitaria ou o desenvolvemento, Concord, pediu nun comunicado, a raíz da publicación destes datos, que a UE reforce o potencial dos inmigrantes para investir nos seus países de orixe garantíndolles un status de residencia "seguro", sen que teñan que preocuparse pola perda dos seus dereitos sociais e legais.
Ademais, esta confederación de organizacións instou a que os países europeos amplíen as vías para unha inmigración legal e reforcen as súas políticas de integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas