GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emprendedores: 9.580 estranxeiros apostaron polo autoemprego en 2011

(23/01/2012)

Emprendedores: 9.580 estranxeiros apostaron polo autoemprego en 2011

Venres, 20 de Xaneiro de 2012

comercioMentres o total do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) pechou 2011 cunha perda de 32.579 afiliados, o colectivo de estranxeiros mostrouse moito máis emprendedor e logrou pechar o ano con 9.580 novos emprendedores.

Os principais responsables desta evolución positiva foi o crecemento experimentado polos chineses (cun incremento de 4.256 emprendedores), romaneses (con 1.264 máis) e marroquís (con 698 emprendedores máis). Deste modo, xa máis dun de cada cen autónomos que hai en España son de orixe chinesa.

Segundo Guillermo Guerrero, responsable da área de autónomos inmigrantes de ATA, o principal factor que influíu neste incremento foi a reactivación do período transitorio para o colectivo romanés, que limita a libre circulación dos que traballan por conta allea e obriga a posuír un permiso de traballo. Pero o caso do traballo por conta propia non se encontra afectado nestes termos, polo que se poden dar de alta como autónomos nas mesmas condicións que o resto de nacionais, sen necesidade dun permiso adicional ou específico.

Entre as nacionalidades que rexistraron unha maior perda de autónomos, destaca o Reino Unido e Portugal, con 417 autónomos británicos menos en 2011 (-2,2%) e 223 autónomos portugueses menos (-3,5%).

Por sectores de actividade, cabe destacar que comercio e hostalaría, concentran o 82% das novas altas de autónomos estranxeiros rexistradas en 2011, con 5.820 novos autónomos no primeiro caso (e un exponencial crecemento do 10,5%) e de 2.045 na hostalaría (cun incremento do 5,2%).

Pola contra, a construción continúa a sua particular caída libre e pecha o ano cunha perda neta de 2.117 autónomos e un descenso relativo do -6,7%. E tamén rexistran unha evolución negativa as actividades administrativas, con 145 autónomos estranxeiros menos durante o pasado exercicio (-1,3%). www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas