GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Sen carta de convite é máis difícil entrar en España por Barajas

(23/01/2012)

Sen carta de convite é máis difícil entrar en España por Barajas

Venres, 20 de Xaneiro de 2012

aeropuertoO control de estranxeiros no Aeroporto de Barajas endureceuse en 2011. E é que se tramitaron preto de 7.800 expedientes de rexeitamento, un 4% máis que os abertos en 2010. Deles, 7.100 viaxeiros deberon retornar finalmente aos seus países de orixe. As principais causas son non contar cunha Carta de Convite ou non dispoñer do diñeiro mínimo que se esixe durante a súa estanza en España.

A Carta de Convite e un documento que se esixe aos turistas que non contan cunha reserva hoteleira porque van quedar na casa dun familiar ou dun amigo residente en España. O seu custo rolda os cen euros e débese tramitar previamente en calquera comisaría española.

Por outro lado, para entrar en territorio español, o visitante debe contar cun mínimo de 62,40 euros por cada día de estanza, cun mínimo de 561 euros. O obxectivo deste diñeiro é demostrar que conta cos recursos necesarios para garantir a súa manutención.

Segundo datos de fontes aeroporturarias publicados pola Axencia EFE, a maioría dos estranxeiros que foron obxecto de inadmisións procedían de Brasil, con preto de 1.500 rexeitamentos. Con todo, son menos que os que se rexistraron en 2010, cando o número de inadmisións a brasileiros chegou a 1.837 casos.

Os venezolanos sitúanse en segundo lugar, cun importante incremento: mentres en 2010 o número de rexeitados de Venezuela foi de 783 persoas, en 2011 chegou a 1.029 persoas.

Seguíronos paraguaios, con 645 persoas rexeitadas no control fronteirizo de Barajas en 2011 (767 en 2010) e hondureños, con 563 inadmisións, fronte ás 422 que se rexistraron o ano anterior. Arxentinos e mexicanos situáronse en quinto e sexto lugar, con 523 rexeitamentos no primeiro caso (697 en 2010) e 441 inadmisións no segundo (387 en 2010). www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas