GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Marina del Corral toma posesión como secretaria xeral de Inmigración e Emigración

(18/01/2012)

Marina del Corral toma posesión como secretaria xeral de Inmigración e Emigración

Marina del Corral

Foto facilitada polo Gabinete de Prensa do Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Comezou a súa andaina profesional na ONG CIPIE, cuxo labor é a integración da poboación latinoamericana en España.
A avogada andaluza substitúe no cargo a socialista catalá Anna Terrón.
O novo Goberno asegura que traballará por unha inmigración ordenada e integrada.

REDACCIÓN
Madrid
17 de xaneiro 2012

O Consello de Ministros aprobou esta semana por proposta da nova ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, diversos nomeamentos nos ámbitos da Inmigración e Emigración, Seguridade Social e Emprego.

Marina del Corral Téllez tomou este martes posesión oficial como nova secretaria Xeral de Inmigración e Emigración, substituíndo no cargo a socialista catalá Anna Terrón.

Marina del Corral, nacida en Vélez (Málaga) en 1964, está casada e é nai ten tres fillos. É licenciada en Dereito pola Universidade de Granada.

Comezou a súa andaina profesional como responsable xurídico da Organización no CIPIE, cuxo labor básico é a integración da poboación latinoamericana en España.

Traballou como avogada asociada no despacho Cuatrecasas, nas oficinas de Bruxelas e Barcelona, e durante anos levou a Dirección dos Servizos Xurídicos en España da multinacional farmaceútica Sanofi-Aventis.

INMIGRACIÓN "ORDENADA"

Durante a toma de posesión de Corral, a ministra de Emprego e Seguridade Social resaltou a posta en marcha do terceiro piar do ministerio, ao ser nomeada a nova secretaria Xeral de Inmigración e Emigración.

"Traballaremos nunha inmigración ordenada en liña co marco europeo, pero tamén traballaremos para que os inmigrantes teñan mellor integración no noso país", declarou a ministra do PP.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas