GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno asegura que traballará por unha inmigración ordenada e integrada

(18/01/2012)

O Goberno asegura que traballará por unha inmigración ordenada e integrada


Madrid, 17 xaneiro(EFE) -

A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, asegurou hoxe que o Goberno traballará por unha inmigración "ordenada" e por que os inmigrantes que viven en España teñan cada día "unha mellor integración".
Así se pronunciou Fátima Báñez no acto de toma de posesión dos novos responsables das áreas de Inmigración e Emigración, Seguridade Social e Emprego, un acto no que a ministra se referiu á posta en marcha "do terceiro piar".

"Hoxe formalmente comeza tamén a poñerse en marcha o terceiro piar, moi importante tamén para este Ministerio," dixo Báñez, en presenza da recén nomeada secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral.

A ministra asegurou que o Goberno "traballa nunha inmigración ordenada en liña co marco europeo", pero tamén porque "os que viven entre nós, os inmigrantes que están xa entre nós, teñan cada día unha mellor integración no noso país".

"E por suposto -continuou-, este Ministerio terá todos os recursos á súa disposición para apoiar a todos os españois que hoxe son emigrantes en todo o mundo. Esas son tamén as prioridades".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas