GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Costa da Morte. A poboación estranxeira na comarca cae por segundo ano

(17/01/2012)

A poboación estranxeira na comarca cae por segundo ano

 

 Jutta Reynolds  «A Costa da Morte é un paraíso»

Tras case unha década de crecemento, a situación estabilízase

Autor:
s. g. rial
Localidade:
carballo / a voz
Data

A poboación estranxeira que reside na comarca baixa por segundo ano consecutivo, tras case dez anos nos que creceu de xeito considerable. No 2009, por exemplo, se cuadriplicó con respecto ao principio da década, excedendo por primeira vez os dous milleiros de empadroados en Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda.

Con todo, no 2010 ese ascenso meteórico freouse, e baixou nunha persoa con respecto ao ano anterior. Case o mesmo pasou no 2011, cuxos datos acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE). Neste caso, a caída no cómputo global foi de só cinco persoas, pasando de 2008 a 2003.

O cambio de tendencia é evidente, pero as cifras globais esconden unha gran variedade de casos. É curioso, que, en once concellos, a poboación estranxeira crece, pero en case todos dun xeito pouco perceptible (unha, dous, dez ou ata vinte persoas). Seica Cee, con 23 máis, ou A Laracha, con 19, sexan os que máis destaquen. Por contra, as baixadas son maiores, máis homoxéneas e arrastran a media: Carballo, 23 menos; Cerceda, 17 menos, os mesmos que Laxe, e Vimianzo, 22. O único que se mantén igual é Dumbría, con dez foráneos empadroados.

En Vimianzo destacan os traballos que realizan coa comunidade inmigrante no departamento de Servizos Sociais: asesoramento, psicólogo, urxencia social, idioma, trámites... «Intégranse moi ben», sinala Sandra Abeijón, responsable do departamento. Moitos, por certo, son de Senegal, unha colectividade que se renova con certa rapidez.

En Carballo os estranxeiros non deixan de ir a menos desde que se bateu a marca no 2008, con 798. Aínda así, proceden de 43 nacionalidades distintas.

Jutta Reynolds, de 68 anos, é alemá de nacemento. Aínda que, como explica, pasou a súa vida en moitos países, desde Italia a Estados Unidos ou Arabia. Desde o verán do 2007 reside en Fisterra, aínda que non todo o tempo. Entre novembro do 2008 e mediados do 2010 pasou unha longa tempada cos seus fillos en Alabama e Míchigan, en Estados Unidos. Xa de volta, Fisterra é o seu fogar.

Confesa que lle encanta o lugar, a contorna e a xente, «moi amigable», cualidades que a animaron a vir como amante que é da natureza. E sobre a paisaxe (aprovéitao tamén como pintora) emprega eloxios: «A Costa da Morte é un paraíso, podería dicirse que estou namorada desta zona». Na súa primeira estancia, cando tiña coche, percorreu moitos recunchos, e agora que está sen el, camiña ata 20 quilómetros ao día.

A súa tarefa pendente é a lingua: «Falo un horrible castelán», recoñece esaxerando un pouco [o seu inglés é perfecto] e trata de mellorar día a día.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas