GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

I Congreso Internacional sobre Inmigración

(16/01/2012)

I Congreso Internacional sobre Inmigración

13 xaneiro, 2012


Madrid acolle a partir do 16 de xaneiro, o I Congreso internacional "Balance e Perspectivas da Inmigración en España". A Confederación Española de Inmigrantes (CEIM) organiza este evento no que participarán máis de 250 expertos.

'Balance e Perspectivas da Inmigración en España' é o título deste Congreso no que participarán máis de 250 expertos entre os que se encontran: responsables e profesionais das administracións públicas, voluntarios de ONGs e entidades do terceiro sector que desenvolven a súa actividade a favor deste colectivo, organizacións empresariais e sindicais, organismos nacionais e internacionais, en especial vinculados á inmigración.

Madriddiario.es Neste evento trataranse aspectos como o impacto dos fluxos migratorios extracomunitarios no desenvolvemento económico, social, político, ambiental; a diversidade cultural e relixiosa na Unión Europea no marco da crise; e os crimes de odio.

Á inauguración do congreso acudirán representantes diplomáticos de:
Estados Unidos, Ecaudor, Congo e Israel así como a dirixente de UATEA-UPTA traballadores autónomos María José Landaburu. Tamén estarán presentes familiares e amigos da inmigrante que faleceu recentemente no CIE de Aluche, Martina Samba ou o brasileiro José Roberto Guedes.

O director xeral do congreso, Luis Alberto Alarcón Valencia sinalou que se trata do "primeiro gran cumio mundial", na era Rajoy, que marcará un antes e un despois na modernización de España e o recoñecemento dos esforzos que os inmigrantes levaron a cabo para saír da crise".

No cumio participarán representantes de partidos políticos do noso país, sindicatos e máis de 260 asociacións de inmigrantes xunto a delegados da Organización Mundial das Migracións.

O peche correrá a cargo dos gobernos da Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, País Vasco, Cataluña, Ceuta, Melilla e Ecuador. Ademais contará coa presenza do Observatorio de Xenofobia e Racismo de España, o Colectivo Policías pola Diversidade e aínda queda por confirmar a presenza da ministra de Igualdade, Ana Mato.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas