GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España baixou de 500.000 novos inmigrantes por ano a só 4.000

(16/01/2012)

España baixou de 500.000 novos inmigrantes por ano a só 4.000

A crise parece poñer fin ao amentado boom inmigrante no país, segundo as cifras oficiais. Os estranxeiros igual seguen sendo máis de cinco millóns sobre unha poboación total de 47 millóns.

14-01-2012 | Información Xeral
0114--ig1801 copia

Pasaxeiras do aeroporto de Barajas, Madrid, miran o panel co horario dos voos. Ningún país occidental, salvo Estados Unidos, recibiu tantos inmigrantes como España entre 2000 e 2010.

O último padrón confirma que España xa non é o paraíso dos estranxeiros e que a crise parece ter pechado a porta definitivamente á inmigración. Se na época do boom demográfico chegaba ao país ibérico unha media de medio millón de novos cidadáns cada ano, de 2010 a 2011 o padrón rexistrou tan só 3.753 estranxeiros máis.

A poboación española, de acordo ao último censo, está estancada en 47.190.493 persoas: 41.439.006 nacidos no seu territorio e 5.751.487 nacidos fóra.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo públicos onte os seus datos definitivos do número de residentes en España ao 1º de xaneiro de 2011, unha revisión técnica das cifras que xa adiantara en abril do ano pasado. O INE contabiliza no padrón tanto os estranxeiros que están en situación regular coma os que non teñen papeis.

Esta especie de desaceleración migratoria comezou a sentirse xa en 2010, cando se contabilizaron 99.063 foráneos máis que en 2009. En 2009 a poboación inmigrante crecera en 379.909 persoas, pero anteriormente a suba fora moito maior: 749.208 estranxeiros gañou o país de 2007 a 2008.

Salto incrible. Durante a década de 2000 a 2010, España deixou de ser un país de emigrantes para converterse en tempo récord no principal destino da inmigración de toda Europa. Só EUA superábaa.

En 2000 o total de estranxeiros era 923.879 estranxeiros, pero ese colectivo incrementouse na astronómica cifra de 4.823.855 persoas en 2010.

Agora a situación cambiou completamente. Por un lado, os estranxeiros non só non van a España senón que están a marchar aos seus países. Uns a outros infórmanse de que xa non é a terra das oportunidades. Por outro lado, o goberno reduciu este ano a cero as contratacións en orixe e puxo restricións para que os romaneses, cidadáns da UE, poidan traballar.

Fenómeno romanés. A pesar desas restricións, os romaneses seguen chegando. Continúan sendo o colectivo máis numeroso (865.707) e, de feito, aumentou en 84.364 cidadáns respecto ao ano anterior, cando se rexistraron 781.343.

Aos romaneses ségueno en importancia os marroquís (773.995), os británicos (391.194) e os ecuatorianos (360.710). Este último grupo perdeu 26.657 cidadáns respecto a 2010, cando eran 387.367 persoas. En 2005, cando era o esplendor do boom, chegou a haber medio millón de ecuatorianos.

Máis británicos. En resumo, agora o número de cidadáns non comunitarios (3.356.129) segue descendendo (un 1,2 por cento) mentres que o dos comunitarios (2.395.358) aumenta (un 1,9 por cento), fundamentalmente grazas aos romaneses.

Pero tamén grazas aos cidadáns británicos, cuxa poboación subiu dende 2010 ( cando eran 366.379) en 24.815 cidadáns. Este incremento é especialmente significativo, porque indica que, a pesar da crise, os veciños 'ricos' de España seguen apostando polo noso país, xa non só para facer turismo, senón para residir longas tempadas nel.

Sucede igual con Alemaña. De 178.402 empadroados alemáns en 2010 pasouse a 195.987; é dicir, 17.585 máis.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas