GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración, «oportunidade providencial» para a evanxelización

(16/01/2012)

A inmigración, «oportunidade providencial» para a evanxelización

15-01-12

A presenza de inmigrantes debe considerarse como «unha oportunidade providencial para o anuncio do Evanxeo no mundo contemporáneo». Dio Benedicto XVI na súa Mensaxe para a Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado que se celebra hoxe. Moitas destas persoas entran por primeira vez en contacto co Evanxeo a través do diálogo respectuoso cos crentes do país de acollida e dos seus testemuños de solidariedade. Pero acontece tamén que inmigrantes que tiñan esa fe cando abandonaron o seu fogar son inducidos a perdela nos novos ámbitos. Este é un dos puntos que subliñan para a Xornada de hoxe os bispos españois. As parroquias españolas enriquecéronse coa chegada de persoas de moi diversa procedencia. Non obstante é evidente que o contexto social e cultural non lles axuda a manter a súa fe. A responsabilidade dos católicos españois é grande.


«Saiamos ao encontro, abramos as portas», é o lema con que se celebra esta Xornada Mundial en España, unha afirmación nada gratuíta nestes tempos de crise, con tantas necesidades entre os propios españois. Os bispos animan a promover leis máis xustas e actitudes na opinión pública máis sensibles á dignidade humana da persoas inmigrantes. E subliñan que no medio da crise económica, social e cultural, é necesaria unha nova imaxinación pastoral para ser testemuñas e servidores do Evanxeo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas