GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Convocados os cursos presenciais das ‘Escolas Abertas 2012’ de Emigración, centradas este ano nas artes musicais

(13/01/2012)

Convocados os cursos presenciais das ‘Escolas Abertas 2012’ de Emigración, centradas este ano nas artes musicais

 
 
Xoves, 12.01.2012
  • O obxectivo deste programa anual da Xunta é facilitar o acceso á formación especializada aos galegos e ás galegas residentes no exterior en gaita, baile, percusión, canto e pandeireta.

Secretaría Xeral da Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración ven de facer pública a convocatoria das bases para os obradoiros de especialización de carácter presencial previstos no Programa Escolas Abertas 2012, dirixido tanto ás comunidades galegas no exterior como a cidadás e cidadáns individuais residentes no estranxeiro, e que terán lugar no vindeiro mes de xullo.

As solicitudes deberán presentarse ata o 13 de febreiro, e pódense elevar á sede da propia Secretaría Xeral en Santiago, ás delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo, así como descargalas a través de Galiciaaberta.com na páxina http//:emigracion.xunta.es, ou presentalas no rexistro electrónico da Xunta, coa documentación e segundo os requisitos que detalla a resolución hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia.

O número de persoas beneficiarias acada a cifra de 80, das que 26 procederán de Arxentina, 10 de Uruguai, 8 Venezuela, 6 de Cuba, 5 de Brasil, 10 doutros países americanos, 10 doutros países europeos distintos a España, e 5 doutras comunidades autónomas españolas distintas a Galicia.

Ampla demanda
A resolución tamén detalla o procedemento e criterios de selección das e dos participantes nas catro especialidades para as que este ano se realiza a convocatoria (gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, e mais canto popular e pandeireta). Cómpre salientar que se trata de disciplinas que contan cunha amplísima demanda nas entidades galegas no exterior.

As e os participantes han ser sempre maiores de idade. Emigración faise cargo dos gastos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros, e tamén da estadía e viaxe de todas e todos os participantes neste programa, que conta xa cunha longa tradición e esperta unha importante expectación entre a diáspora.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas