GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Europa requirirá máis inmigrantes! (II)

(11/01/2012)

Europa requirirá máis inmigrantes! (II)

Marta Vera Antonelli  10/01/2012

Se ben a crise económica mundial obrigou os distintos países da Unión Europea a radicalizar as súas políticas migratorias, restrinxindo as fronteiras e impulsando o retorno dos emigrantes aos seus países de orixe, emerxe con forza o debate acerca da necesidade de captar unha migración cualificada e con talento.

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) alertou acerca das graves consecuencias que podería chegar a ter para o bloque dos 30 países da UE, a perda do 30% da súa poboación en idade de traballar debido ao envellecemento demográfico, feito que se comezaría a percibir nun futuro non moi afastado, (2020) de non recibir man de obra inmigrante, con todos os problemas que iso supoñería para a sostibilidade dos sistemas de protección social e o mantemento do Estado do Benestar.

Para os membros do organismo, a recesión non significa exactamente que Europa xa non necesite inmigrantes, senón que o foco do seu interese estreitou e agora oriéntase a un capital humano altamente cualificado. En termos legais, esta nova inmigración que se busca, supón un xiro na política migratoria comunitaria, así como nas prioridades dos líderes europeos que se traduce na demanda dunha man de obra profesional e estranxeira cada vez máis preparada e especializada.

En canto a medidas legais concretas, o Parlamento Europeo acaba de aprobar un permiso único de residencia e traballo para os inmigrantes extracomunitarios na Unión Europea, co obxectivo de igualar os seus dereitos laborais aos dos traballadores comunitarios. A meta é unificar a normativa europea para as persoas emigrantes que queren vivir e traballar en Europa e garantir os dereitos durante o proceso burocrático con independencia do Estado no que se inicien os trámites. Non obstante, este procedemento deixa fóra aquelas persoas que contan cun contrato temporal de seis meses, os temporais e traballadores do campo, o que implica unha "selección" da man de obra requirida...

É importante destacar que segundo informes de consultoras privadas, a tendencia nos países desenvolvidos será contratar traballadores novos e cualificados, destacando que o futuro laboral pertence aos traballos que máis formación e experiencia requiren.

A este respecto, nos últimos 20 anos aumentaron un 7% a nivel mundial, os empregos que requiren máis preparación, segundo se desprende dun estudo publicado recentemente sobre os desafíos para empresas, empregados e gobernos de cara a 2030, realizado pola consultora Hays en colaboración con Oxford Economics.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas