GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do ‘Barómetro da Inmigración 2011’

(11/01/2012)

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do ‘Barómetro da Inmigración 2011’

 
 
Martes, 10.01.2012
  • A comparación cos resultados do Observatorio español amosa unha visión máis integradora por parte da poboación da Comunidade Autónoma.
  • A maioría dos galegos e as galegas consideran a presenza de nenos e nenas inmigrantes nas escolas como un feito positivo, que non retrasa o normal funcionamento da aula.
  • As persoas galegas emigradas, e as cidadás e os cidadáns estranxeiros, teñen unha visión máis realista da porcentaxe de inmigrantes ca os galegos e galegas nativas e residentes en Galicia.
 
 
  •  
     
  • O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, durante a rolda de prensa
    O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, durante a rolda de prensa

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, acompañado polo subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón, presentaron esta mañá en rolda de prensa os resultados da segunda enquisa ‘Barómetro da Inmigración’, correspondente ao ano 2011.

Para a elaboración do Barómetro realizáronse 1.912 entrevistas telefónicas e presenciais a cidadás e cidadáns españois e estranxeiros maiores de 18 anos. Delas, 798 corresponden a cidadás e cidadáns españois residentes na Comunidade, 801 a persoas estranxeiras residentes en Galicia, e 313 a cidadáns galegos e galegas con residencia no estranxeiro. Esta variedade de procedencias e residencias permite unha comparación interesante entre a propia percepción e a visión foránea.

O Barómetro reflicte opinións e percepcións nunha tripla perspectiva. En primeiro lugar, sobre o trato habitual existente entre as e os cidadáns nados en Galicia e as persoas inmigrantes; en segundo termo, en relación aos plans de futuro das e dos inmigrantes para se estableceren definitivamente no territorio galego ou retornaren ao propio; e finalmente, sobre se as condicións de vida das persoas inmigrantes son mellores aquí ca no seu país de orixe. Asemade, e dada a vocación de continuidade da iniciativa posta en marcha polo departamento de Camba, permitirá, co paso dos anos, unha perspectiva real da evolución da perspectiva popular do feito migratorio.

Menos relación, pero mellor
Entre os datos máis salientables do estudio sitúase que o 38 por cento dos enquisados e enquisadas din que a relación entre inmigrantes e persoas nativas mellorou nos últimos tempos, aínda que se rexistra un 22 por cento de estranxeiros e estranxeiras residentes en Galicia que cren que a relación cos galegos é peor ca no 2010.

Tamén descende a porcentaxe, tanto de persoas galegas coma de foráneas, que din manter relacións habituais unhas coas outras. Igual ca sucedía o pasado ano, a maior parte das amizades xorden no ámbito laboral.

Cabe salientar a diferenza de perspectiva respecto da porcentaxe de inmigrantes en Galicia. Así, mentres unha amplísima parte das e dos propios inmigrantes, e tamén dos galegos e galegas residentes no estranxeiro, acertan coa porcentaxe, unha boa parte dos nativos e as nativas residentes en Galicia calculan moi por riba da cifra real.

O 37% dos residentes galegos e galegas consideran que as e os inmigrantes están bastante ou moi integrados, e cómpre destacar que esta porcentaxe aumenta no caso das persoas estranxeiras: a metade vese bastante ou moi integrados, aínda que, en contraste, hai que sinalar que o 44% cre que o está pouco ou nada.

Lexislación, e situación actual
Respecto a se as leis españolas son ou non tolerantes para a regularización dos e das inmigrantes, existe un dato que amosa unha gran diferenza nos resultados entre as e os galegos da diáspora e os e as residentes na Galicia territorial. Así, o 68% dos galegos e galegas residentes no estranxeiro considera que a lexislación é excesivamente tolerante, fronte a tan só un 9% dos españois e españolas residentes en Galicia. Canto ás propias inmigrantes, a maioría delas decántanse por consideralas ‘axeitadas’ e mesmo ‘tolerantes’.

Outro dato rechamante é que máis dunha cuarta parte das e dos inmigrantes enquisados cualifican a súa situación como ‘peor’ ca cando saíron do seu país, pero máis da metade considérana ‘igual’ ou ‘mellor’.

Posibles efectos da crise
Unha maioría ampla, mesmo de galegos e galegas residentes en Galicia, considera un feito positivo ou moi positivo a presenza de nenos e nenas inmigrantes nas aulas, e o 40% considera a integración das e dos estranxeiros como un feito positivo para o desenvolvemento do país. E case todas as persoas enquisadas cren que as nenas e os nenos foráneos non retrasan o normal funcionamento das aulas.

Iso si, constátase un descenso na visión do feito migratorio como algo positivo para a economía española na poboación nativa residente na Galicia territorial, un feito seguramente derivado das peores condicións económicas que sofre toda a sociedade. Moitos galegos e galegas residentes aquí consideran ademais que as persoas inmigrantes teñen máis dereitos ca as propias galegos (trátase dun novo apartado da enquisa de 2011, polo que non se pode observar a evolución respecto de 2010).

Igualmente, cómpre salientar que unicamente o 22% das e dos galegos emigrados pensa no retorno definitivo como posibilidade de futuro, aínda que a metade si fala de retorno temporal, sobre todo por razóns familiares. Tódolos galegos e galegas da diáspora enquisados coinciden en que a promulgación da Lei de Retorno en Galicia, que xa prepara o departamento de Camba, será un feito ‘importante’ ou ‘moi importante’.

Comparativa co ‘Oberaxe’
En liñas xerais, os datos do segundo Barómetro da Inmigración debuxan liñas similares ás do Informe anual sobre la situación de la discriminación y la aplicación del principio de igualdad de trato por origen racial o étnico en España, editado polo Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia (Oberaxe), se ben a percepción das e dos galegos nativos resulta bastante máis “integradora” cá dos españois e das españolas no seu conxunto, estudio realizado nos últimos meses da anterior lexislatura nacional.

Isto pode explicarse pola profunda pegada histórica que deixou o feito da emigración no inconsciente colectivo galego, e tamén pola menor presión inmigratoria –especialmente de países extra comunitarios- que recibe Galicia respecto doutras zonas de España.

O Barómetro da Inmigración, que está chamado a converterse nun elemento de referencia de gran utilidade para as institucións públicas e privadas que están a traballar no eido migratorio, é o primeiro impulsado dende a actual Administración autonómica. A elaboración do estudo en anos sucesivos, ademais de permitir a análise da evolución das opinións e percepcións sobre a inmigración en Galicia, tamén posibilitará afondar naquel tipo de consultas que poidan ter máis interese en cada momento, dado o carácter especialmente dinámico e cambiante do feito migratorio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas