GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ferrol estrea un servizo de teletraducción para inmigrantes vítimas de violencia machista

(10/01/2012)

Ferrol estrea un servizo de teletraducción para inmigrantes vítimas de violencia machista

O programa non terá custo para a administración local. O Centro de Información á Muller contabilizou 626 consultas o ano pasado.

Autor:
Efe
Localidade:
Ferrol
Data
9/1/2012
Hora:
19:46 h

O Concello de Ferrol puxo en marcha un servizo de teletraducción en 51 idiomas para a asistencia integral ás mulleres inmigrantes que sexan vítimas da violencia de xénero de acordo a un convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia.

As mulleres que acudan ao Centro de Información á Muller de Ferrol (CIM) poderán facer uso deste servizo que se puxo en marcha a primeira semana de xaneiro «a fin de prestar unha correcta asistencia e minimizar a tensión e a ansiedade que lles provoca algunhas veces a falta de entendemento», segundo indicaron fontes municipais.

O programa, que funciona cunha chamada a tres entre a vítima, a asistenta e unha intérprete, estará operativo as 24 horas en distintas linguas: italiano, finés, holandés, urdu, portugués, grego, húngaro, xaponés, cantonés, turco, búlgaro, armenio, ruso, ucraíno, persa ou sirio, entre outras.

O servizo de teletraducción, operativo ata o 31 de agosto, non terá ningún custo para a administración local e é a secretaría xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a que asume os gastos.

A concelleira de Igualdade, Verónica Casal, presentou hoxe a memoria anual do CIM correspondente ao 2011. En total, 122 persoas foron atendidas por primeira vez o ano pasado pola psicóloga da entidade e 236 mulleres pasaron pola asesoría xurídica, que contabilizou 626 consultas sobre asuntos relacionados coa violencia na parella, custodias e malos tratos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas