GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O goberno nomea a Luis Fernández- Cid Director Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios

(09/01/2012)

O goberno nomea a Luis Fernández- Cid Director Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios

C.M. - Madrid - 06-01-2012

Luis Fernández- Cid de Las Alas Pumariño será o Director Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, segundo o acordado no último Consello de Ministros. O departamento que dirixirá Fernández- Cid enmárcase no Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, cuxo titular é José Manuel García-Margallo.

Fernández- Cid naceu o 19 de decembro de 1959 en Madrid, é Licenciado en Dereito e ingresou en 1985 na Carreira Diplomática. Estivo destinado nas representacións diplomáticas españolas en Guinea Ecuatorial e Alemaña. Foi oficial maior do Ministerio de Asuntos Exteriores e, máis tarde, cónsul xeral de España en Estrasburgo e en Rabat. En 2007 pasou a ocupar o posto de vogal asesor para Asuntos da Lei de Nacionalidade na Dirección Xeral de Asuntos e Asistencias Consulares e, posteriormente, o de subdirector xeral de Asuntos Xurídicos e Consulares. Actualmente era director xeral de Asuntos Xerais e Migratorios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas