GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cales son as medidas de protección para as vítimas de trata que denuncien?

(09/01/2012)

Cales son as medidas de protección para as vítimas de trata que denuncien?

Luns, 09 de Xaneiro de 2012

trataCase o 90% das mulleres que son vítimas de trata rexeitaron acollerse aos beneficios que contempla o artigo 59 bis da Lei de Estranxeiría, cuxa reforma entrou en vigor o 29 de xullo de 2011. O obxectivo deste artigo é fomentar a colaboración das mulleres que foron vítimas de trata de seres humanos, para que denuncien os seus explotadores. As causas son o descoñecemento destes dereitos e o medo ás represalias que poden adoptar os seus explotadores non só contra elas, senón tamén cos seus fillos e familiares.

Entre as vantaxes que contén a devandita norma están:

. As vítimas poden acollerse a un período mínimo de 30 días de reflexión para decidir se colabora coa policía. Durante este período, os axentes velarán pola súa seguridade e protección.

. Ofrécese protección non só aos seus fillos, senón tamén a outros familiares e persoas que do seu ámbito que poidan verse afectados pola súa denuncia.

. A norma obriga a non incoar un expediente de expulsión para aquelas vítimas que denuncien e que residan irregularmente en España.

. Atención! Cabe a posibilidade de que a delegación do Goberno rexeite que a denunciante se acolla aos beneficios do artigo 59 bis. Pero isto só acontece cando os indicios ou a credibilidade da denunciante non a sinalen como vítima deste delito. Esta decisión baséase nun informe realizado polas forzas de seguridade sobre o declarado pola denunciante e as probas, entre outros factores. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas