GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

En 2012 non haberá contratos fixos en orixe de inmigrantes

(09/01/2012)

En 2012 non haberá contratos fixos en orixe de inmigrantes

Luns, 09 de Xaneiro de 2012

firmaO Ministerio de Emprego e Seguridade Social decidiu non aprobar contratacións en orixe de traballadores inmigrantes para postos de traballo de carácter fixo para este 2012, segundo sinala unha disposición xeral publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE). Non obstante, mantéñense as portas abertas á contratación de traballadores de tempada ou por obra ou servizo.

PICA AQUÍ PARA VER O PUBLICADO NO BOE SOBRE AS CONTRATACIÓNS EN ORIXE DURANTE 2012

De acordo ao publicado no devandito documento, esta decisión do Goberno responde ás consultas feitas ás Comunidades Autónomas e á información obtida do Servizo Público de Emprego Estatal sobre a situación do mercado laboral español.

A carteira que encabeza a ministra Fátima Báñez publicou no BOE que si se poderán contratar traballadores de tempada ou por obra ou servizo de forma colectiva e en orixe de traballadores estranxeiros non comunitarios para 2012. Non obstante, non sinala nin cantos serán necesarios para o presente exercicio nin tampouco para que tipo de postos de traballo.

Ademais, estipula que os traballadores que obteñan unha autorización de residencia e traballo deberán regresar ao seu país unha vez finalizada a relación laboral'. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas