GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O inmigrante estrutural

(09/01/2012)

O inmigrante estrutural
Antonio Izquierdo
Catedrático de Socioloxía

A demografía é estrutura e é sociedade. E as sociedades son mestizas porque os seus habitantes o son en maior ou menor grao. Sabemos que, cando os pobos se pechan, se empobrecen ou extínguense. Este é un editorial que, aproveitando a noticia do primeiro nacido de 2012, subliña a condición estrutural da poboación de orixe inmigrante. Xusto agora, cando tanto se publicita que se van máis dos que chegan, é cando cabe resaltar que o censo de foráneos aínda non minguou e que estrutura é todo aquilo que dura".

Chámase Diana e naceu, de pais ecuatorianos, ao son da segunda badalada que abriu o novo ano. É todo un símbolo que o primeiro nacemento teña orixe inmigrante e, ademais, cada ano crece esa probabilidade. Non porque sexan moi prolíficos, senón porque son máis novos. Tanto a natalidade como a nupcialidade cabe velas como indicadores de arraigamento. Para o común das xentes, procrear e unirse de modo estable constitúen proxectos de vida con consecuencias estruturais.

E resulta que corre sangue foráneo por un de cada catro nacementos e un de cada cinco matrimonios acontecidos en España. Isto inclúe os fillos da mestura (pai ou nai estranxeiros) e tamén aos emparellamentos mixtos. Esa proporción non é conxuntural, senón que se mantén durante os últimos tres anos. E como só achegan o 3% das defuncións, o saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) é altamente positivo. Noutras palabras, forman parte substancial da estrutura da poboación da maioría das comunidades autónomas e do total nacional.

A poboación crece por inmigración e nacementos. E a poboación nacional engade polas naturalizacións. De modo que dentro e fóra de España aumentan os españois que non naceron aquí. Pero tamén somos máis habitantes como consecuencia da inmigración e da súa descendencia. Como se dixo, a súa achega ao saldo natural medra porque están en idades fértiles. E, dado que o desenvolvemento dunha sociedade é o de todos os seus habitantes, constitúe un erro tratar os inmigrantes como traballadores volátiles sen familia, identidade, nin dereitos civís.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas