GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno aproba máis de 16 millóns de euros en atención aos inmigrantes

(03/01/2012)

O Goberno aproba máis de 16 millóns de euros en atención aos inmigrantes

Son tres partidas, a cargo dos Presupostos Xerais do Estado de 2012, e están destinadas a programas relacionados coa atención humanitaria

30 decembro 2011. O Consello de Ministros aprobou na súa reunión de hoxe, por proposta da ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, unha prórroga de tres subvencións nominativas, a cargo dos Presupostos Xerais do Estado de 2012, destinadas á atención humanitaria dos inmigrantes, por importe de 16,2 millóns de euros.

As entidades Cruz Vermella Española (CRE), Asociación Comisión Católica Española de Migracións (ACCEM) e Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) percibirán unha subvención nominativa de 13.000.000 euros destinada aos programas de atención a solicitantes de asilo, refuxiados, persoas con estatutos de protección internacional e inmigrantes en situación de vulnerabilidade.

Os programas que contempla consisten en servizos e atencións dirixidos á integración na sociedade de acollida. Entre outros aspectos inclúe: primeira asistencia en postos fronteirizos e outros puntos do territorio nacional, acollida temporal, información e orientación, asesoramento legal e xurídico, asistencia psicolóxica, axudas para a integración laboral e social, retorno voluntario e reasentamento en terceiros países seguros.

Ademais, Cruz Vermella Española recibirá unha subvención de 2.584.000 euros destinada á atención de inmigrantes en tres servizos: atención humanitaria a pé de praia, dirixido a cubrir as necesidades básicas de asistencia sanitaria urxente, alimentación, abrigo e o rescate no medio mariño; atención a inmigrantes en asentamentos, dirixido a cubrir as necesidades básicas de atención a inmigrantes que se atopan en asentamentos; e un servizo de formación, dirixido ás persoas que con carácter voluntario colaboran con Cruz Vermella Española para a realización do programa.

E por último, a terceira subvención nominativa aprobada hoxe é de 605.000 euros e a favor da Organización Internacional para as Migracións (OIM) e o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). Con esta subvención financiaranse os programas de retorno voluntario dirixidos a inmigrantes vulnerables ou vítimas de tráfico de seres humanos e desenvolvidos pola OIM e os programas destinados a solicitantes e beneficiarios de protección internacional desenvolvidos polo ACNUR.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas