GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O plan de retorno de inmigrantes segue sen convencer

(02/01/2012)

O plan de retorno de inmigrantes segue sen convencer

Suma 15.000 beneficiarios en tres anos, menos dun 4 por 100 dos posibles perceptores do programa estrela de Corbacho

O plan de retorno de inmigrantes iniciou a súa andaina como unha das propostas estrela do entón ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, pero non tivo a acollida esperada. Agora, será o titular de Emprego, Fátima Báñez, a que terá que decidir sobre a súa continuidade, aínda que os escasos resultados obtidos poderían supoñer o seu punto final.

Dende novembro de 2008, cando se puxo en marcha, o número de beneficiarios do programa apenas alcanza os 15.225, moi lonxe do millón que inicialmente estimou Corbacho e tamén dos 100.000 aos que rebaixou a cifra posteriormente.

De feito, nin sequera o aumento do paro animou os estranxeiros a aproveitar o plan, que lles permite cobrar integramente a prestación por desemprego que lles correspondería en dous prazos, un en España antes de partir e outro no seu país. Proba diso é que durante os últimos seis meses con datos dispoñibles (abril-outubro) non se sumaron nin 3.000 novos perceptores.

Desta forma, só o 2,4 por 100 dos desempregados foráneos se acolleu a este programa. Se se teñen en conta os potenciais beneficiarios, os que cobran prestación, a porcentaxe non alcanza o 4 por 100 (3,95 por 100.

O Ministerio de Traballo asignou este ano ao plan de retorno de inmigranes unha dotación de máis de 5,23 millóns de euros, cun incremento dun 74 por 100 respecto ao exercicio 2010.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas