GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración xuvenil alarma aos deputados en Galicia

(02/01/2012)

A emigración xuvenil alarma aos deputados en Galicia

A.E. - Santiago -02-01-2012

conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, afirmou recentemente que os mozos galegos non emigran 'por falta de oportunidades', senón que optan por saír ao estranxeiro ou a outras comunidades 'de forma temporal' e co obxectivo de 'formarse ou con bolsas. 'A miña análise sería mala se marchasen por falta de oportunidades', recalcou en resposta a unha interpretación da deputada do BNG Ana Pontón, quen, ante o pleno do Parlamento galego, sinalou que 'a situación é claramente desoladora' ante o 'escandaloso' crecemento do paro xuvenil --sitúase, en Galicia, nun 35,4%-- e o importante número de persoas menores de 30 anos que deixaron a comunidade en 2010.

En la imagen, Beatriz Mato.
Na imaxe, Beatriz Mato.

Tras indicar que non existen estatísticas concretas, apuntou que 36.000 persoas marcharon ao estranxeiro entre 2008 e 2010 e que unhas 24.000 se trasladaron a outras comunidades o pasado ano. Ademais, aludiu a un estudo da UniversidadeCoruña que revela que 'case 40.000 universitarios galegos foron contratados noutras autonomías' nos últimos anos. Situación que cualificou como 'grave' fuga de cerebros.

Fronte a iso, Mato recriminou á parlamentaria que 'interprete de forma nesgada' os datos, que, ademais, non coinciden' cos que manexa a consellería.

'Trata de xerar alarma dicindo que en Galicia non hai oportunidades', reprobou, sinalando que, se ben a situación é 'difícil', non é peor que 'noutras' comunidades autónomas, que teñen 'taxas máis altas' de paro e emigración xuvenil.

En todo caso, dado que esta xeración de mozos é 'a mellor formada da historia', o titular de Traballo mostrou a súa 'preocupación' por poñer en marcha 'mecanismos para cambiar a tendencia'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas