GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Centos de arxentinos apuraron o prazo para pedir a nacionalidade

(30/12/2011)

Centos de arxentinos apuraron o prazo para pedir a nacionalidade

Colas no consulado o último día para tramitar a cidadanía española

Autor:
Agustín botinelli
Localidade:
bos aires / a voz
Data  29/12/2011

O pasado martes foi o último día que o Consulado español en Buenos Aires outorgou quendas para solicitar a nacionalidade española de acordo ao estipulado na Lei de Memoria Histórica que, en setembro do 2008, recoñeceu o dereito a adquirir a cidadanía a fillos e netos de quen renunciaron á condición de español durante a Guerra Civil. Arxentina é un dos países que concentran a maioría de exiliados e onde se rexistrou unha cifra considerable de peticións: máis de 80.000 persoas ingresaron o seu expediente no consulado e a case todos se lles concedeu a cidadanía.

Os fillos cuxo pai ou nai sexa orixinalmente español, os netos de quen perderon ou tiveron que renunciar á súa condición de español polo exilio ou quen xa optaron á nacionalidade española de orixe, estaban habilitados para iniciar o trámite. Ademais de levar fotocopia do DNI e o orixinal, era necesario descargar por Internet unha serie de formularios de acordo á opción elixida. Durante toda a mañá, con case 30 graos de temperatura e ata as dúas da tarde, a cola fronte á sede diplomática alcanzaba máis de cen metros. Xente nova na súa maioría que buscaba conseguir o pasaporte español, máis aló dunha cuestión de sentimentos. Moitos deles ata ignoraban de onde eran oriúndos os seus avós inmigrantes.

 

Prórroga dun ano

Inicialmente, a medida tiña vixencia só por dous anos, pero dada a alta demanda no 2010 prorrogouse outros 12 meses. Só entre outubro e decembro deste ano case 10.000 persoas iniciaron os trámites no consulado de Buenos Aires e as primeiras quendas para continuar o proceso dábanse o pasado martes para mediados do 2013. Para quen aínda non terminasen os trámites por falta de documentación, poderán facelo ata xuño do 2012.

Nesta ocasión, a cola de arxentinos tiña outra connotación respecto das que se formaron nese mesmo lugar a comezos do 2002 debido á dura crise económica e case obrigando a miles de cidadáns a buscar fortuna noutros países, especialmente España. O martes eran outros os motivos. «Ter un pasaporte europeo» e «poder viaxar a España sen ter problemas coas autoridades ao chegar» eran algunhas das explicacións entre os solicitantes, pero a resposta máis escoitada foi «polas dúbidas».

Segundo Marcos Rodríguez Cantero, cónsul adxunto do Consulado Xeral de España en Buenos Aires, «actualmente non se trata de xente que quere instalarse en España por motivos laborais». «Son descendentes de españois que fan o trámite porque teñen vínculos sentimentais, porque así se identifican coas súas raíces ou porque traballaron en España e poden chegar a adquirir algún dereito económico máis adiante», engadiu.

Coa crise que estalou no país no 2001, o consulado rexistrou unha marca de emigrantes. Nos primeiros seis meses do ano seguinte fóronse a España máis de 80.000 persoas, mentres que en todo 1999 fixérono só 8.110 arxentinos. Desde setembro do 2008, os consulados españois en Latinoamérica recibiron 161.000 solicitudes baixo a Lei de Memoria Histórica. O 95 % proviñan da Habana, Buenos Aires e México.

Segundo datos do Ministerio de Asuntos Exteriores, ata agosto deste ano concedeulle a nacionalidade a 213.787 descendentes de españois, dun total de 378.862 solicitudes. O martes pechouse o prazo para os que podían exercer o dereito que outorgaba a popularmente chamada «lei de netos».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas