GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración española supera á inmigración

(26/12/2011)

A emigración española supera á inmigración
Segundo datos do INE, a saída de españois aumentou nun 36,6%.
50.521 persoas decidiron irse este ano.
Reino Unido, Alemaña e Francia son os destinos preferidos.

Sara Lorente - 26-12-2011

A emigración española supera á inmigración.Os datos deste ano deixan un panorama pouco positivo para a economía española. Logo dos anos de crises, e tras perfilarse este ano 2011 como un dos peores, a sociedade española decidiu irse ao estranxeiro para buscar unha mellor oportunidade laboral.

Segundo unha enquisa do INE (Instituto Nacional de Estatística) respecto ao pasado ano 2010, a emigración ao estranxeiro aumentou nun 36,6% este ano, sumando 50.521 persoas desde xaneiro a setembro, as que decidiron irse do país. Este aumento implica que se superou o número de emigrantes respecto ao de inmigrantes en España.

Dos datos se desglosa que o perfil do emigrante pertence en maior medida ao de xente nova, en concreto os dunha idade comprendida entre os 32 e os 36 anos no caso dos españois, e de entre 24 e 36 se incluímos aos estranxeiros.

En canto ao sexo, é maior a porcentaxe de homes que emigran. Un 52%, fronte ao 48% de mulleres. Da investigación tamén se conclúe que as persoas máis decididas a irse fora do país, son aquelas con un maior nivel de estudos.

A seguridade que implica o estar preparado, academicamente falando, fai que os mozos que contan cunha carreira universitaria, ou cun alto nivel de idiomas se vexan máis seguros para coller as maletas en busca dun emprego digno.

EUROPA, A MÁIS DEMANDADA

De entre os destinos preferidos dos emigrantes encabeza a lista a Unión Europea. Dada a proximidade xeográfica, ideolóxica e económica que nos une con moitos dos países europeos, a maioría dos españois sinalan a zona euro como a preferida para iniciar unha nova vida.

Alemaña, Francia e Reino Unido, os tres grandes de Europa, son os máis solicitados. A pesar de que Alemaña ocupe o terceiro posto na lista de destinos europeos preferidos, rexistrou durante este ano un aumento importante respecto dos pasados.

A idea mediática de que Alemaña é a que move o motor de Europa, calou entre os españois que ven no país unha oportunidade para conseguir traballo. De entre o resto de continentes, EEUU, Arxentina, Venezuela, Marrocos ou Ecuador son algúns dos países que tamén acolleron a un gran número de emigrantes españois

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas