GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Asociacións de inmigrantes móstranse "preocupadas" pola eliminación da Secretaría de Estado de Inmigración

(23/12/2011)

Asociacións de inmigrantes móstranse "preocupadas" pola eliminación da Secretaría de Estado de Inmigración


MADRID, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

A asociación hispano-ecuatoriana Rumiñahui e a Asociación Solidaria para a Integración Sociolaboral do Inmigrante (ASISI) valoraron negativamente a eliminación da Secretaría de Estado de Inmigración e mostráronse preocupados polo futuro das políticas relacionadas coa materia.

Así, en declaracións a Europa Press o presidente de Rumiñahui, Vladimir Paspuel, mostrouse "preocupado pola supresión" da Secretaría porque considera que se deben seguir traballando nos procesos de cohesión e integración".

Nese sentido, explicou que a pesar de que xuridicamente "moitos que chegaron como inmigrantes teñen a nacionalidade española, a sociedade ségueos mirando como estranxeiros". Por iso, Paspuel solicitou reunirse coa ministra Fátima Bañez a través do foro estatal das migracións para solicitar o mantemento da Secretaría de Estado e, desta forma, seguir traballando na cohesión para "evitar problemas relacionados coa inmigración no futuro como xurdiron noutros países".

Pola súa banda, o presidente de Asisi, Hassan Arabi, afirmou que a eliminación da Secretaría de Estado é "unha noticia negativa" porque a falta dun órgano con rango de ministerio pode afectar á efectividade das medidas relacionadas con inmigración e poden "verse prexudicados".

Arabi explicou que a supresión pode significar unha menor partida económica para as políticas de inmigración e que iso "pode afectar ás subvencións --que serían menores-- e ao emprego xerado coas mesmas", que descendería.

Neste sentido, espera "que se manteñan os programas de inmigración" co Goberno ou o ministerio que se faga cargo da política de inmigración e que non se reduza a partida económica asiganda ás políticas da materia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas