GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Uruguai rende homenaxe ao emprendedor galego

(21/12/2011)

Uruguai rende homenaxe ao emprendedor galego

O acto celébrase no marco do bicentenario do Proceso de emancipación oriental.

Data

A Homenaxe ao emprendedor galego en Uruguai foi un dos últimos eventos do ano dentro da programación da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai (AEGU). O acto intégrase dentro das actividades que forman parte da celebración do bicentenario do Proceso de emancipación oriental, que se conmemora durante este ano.

O coloquio tivo lugar na sala Vale-Inclán do Centro Galego de Montevideo e estivo centrado na análise da contribución da comunidade galega no tecido empresarial do país. A charla contou coa presenza do profesor Carlos Zubillaga, escritor, historiador e director do Centro de Estudos Galegos (CEGAL), que destacou a importancia do traballo dos galegos e a súa contribución ao desenvolvemento do país. Tamén estiveron no evento o delegado da Xunta na capital, Manuel Barros; o xefe da oficina laboral, Carlos Cortón; e o presidente do Centro Galego, Jorge Torres Cantalapiedra, entre outras autoridades presentes.

O acto concluíu coa experiencia de dous recoñecidos empresarios con raíces galegas que contaron como foron os seus inicios no país e a súa traxectoria profesional ao longo dos anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas