GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arousa. Poemas desde a emigración para as festas do Carmen

(16/12/2011)

Poemas desde a emigración para as festas do Carmen

José Manuel Muñiz cede cen libros á comisión da Illa

Autor:
maría santalla
Localidade:
vilagarcía / a voz
Data

Poemas dun carcamán é o libro que José Manuel Muñiz presentou este verán na súa terra natal, A Illa. Meses despois, este insular emigrado en Nova Jersey, Estados Unidos, decidiu que o seu talento como escritor sirva de axuda para organizar a próxima edición das festas do Carmen.

A colaboración entre este escritor afeccionado, a comisión de festas e a empresa que xestiona a páxina web ailladearousa.com fixo posible esta iniciativa solidaria que se organiza co fin de promocionar o turismo no municipio insular a través da organización dunhas festas de calidade.

Segundo anuncia a propia páxina web, Muñiz cedeu unha edición limitada do seu libro para que a comisión poida recadar fondos para as celebracións de xullo. Os volumes poderán adquirirse na confraría de pescadores, que dispón xa deles, e en varios establecementos nos que se distribuirán durante os próximos días. Repartiranse cen e venderanse a un prezo de cinco euros.

Este insular emigrado en Estados Unidos desde hai trinta anos é un apaixonado da escritura. No seu libro encheu corenta páxinas de poemas «cheos de morriña», escritos en galego e en castelán.

Moitos destes traballos poderían gozalos xa quen teñan costume de visitar a páxina web ailladearousa.com ou a través do Facebook. Quen non o fixeron teñen agora unha nova oportunidade de facerse cos poemas deste paisano ou de realizar un orixinal agasallo de Nadal agora que chega a época de Papá Noel e os Reis Meigos.

Este granito de area virá moi ben sen dúbida para a organización das festas, sobre todo nun momento de crise como o actual, no que calquera colaboración económica é ben recibida. Iso, ademais de demostrar que a imaxinación sempre é unha boa alternativa para facer fronte ás estreitezas económicas.

Varios locais do municipio e a confraría reciben estes días os volumes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas