GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A nova Lei de Galeguidade, e a fusión voluntaria de centros galegos no exterior, eixos da xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas

(16/12/2011)

A nova Lei de Galeguidade, e a fusión voluntaria de centros galegos no exterior, eixos da xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas

 
 
Xoves, 15.12.2011
  • O órgano de representación da diáspora galega debate en Ourense os retos da Emigración para os vindeiros anos.
  • A posibilidade de que a emigración galega serva de ponte entre os empresarios dun e outro lado do Atlántico esbózase como unha oportunidade xurdida da crise.

A Comisión Delegada reunida hoxe en Ourense.O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, preside hoxe en Ourense a xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, máximo órgano de representación das e dos emigrantes galegos, e cuxo plenario celebrarase o vindeiro ano.

A nova Lei da Galeguidade centrou boa parte da xuntanza, por canto o actual texto lexislativo data de hai case 30 anos e precisa adecuarse aos tempos actuais. “Foi un texto innovador no seu tempo, e valente en moitos aspectos, pero a viveza da propia diáspora galega, e os cambios no mundo, fan precisa unha reformulación”, en verbas do secretario xeral da Emigración.

Unha vez que o borrador da Lei sexa debatido no seo da Comisión, remitirase ao Consello das Comunidades Galegas para o seu coñecemento, e ao mesmo tempo enviarase ao Consello Consultivo de Galicia, para que lle dea o seu visto e prace. Desta maneira, poderá ser remitido canto antes polo Consello da Xunta ao Parlamento de Galicia, quen ten que aprobalo definitivamente. Calcúlase que o proxecto definitivo da nova Lei podería entrar no rexistro do hemiciclo no primeiro trimestre do 2012.

Ademais deste asunto, os dezaseis membros que integran a Comisión tiveron posibilidade de expoñer algúns dos retos de futuro e oportunidades que se abren para a diáspora galega. Entre os retos cómpre salientar a racionalidade e coordinación de custes e actividades das Comunidades Galegas no Exterior, coa fin de que as accións –sexan ou non desenvolvidas co apoio orzamentario da Secretaría- cheguen ao meirande número de gaelgas galegos na diáspora.

Neste senso, e coa fin de camiñar xuntos nestes tempos de dificultades económicas, tanto os membros das entidades galegas presentes, como os propios representantes da Secretaría Xeral da Emigración, fixeron fincapé na necesidade de promocionar a fusión e integración de entidades que coincidan na localización xeográfica, ou polo menos na coordinación de estratexias e programacións de actividades.

Investimento recíproco
Asemade, durante a sesión houbo tempo para analizar a posibilidade de que a diáspora galega serva de punta de lanza para a introdución de investidoras e investidores galegos en Latinoamérica, de xeito destacado en países emerxentes. De maneira recíproca, tamén se avaliaron “as múltiplas oportunidades que ofrece Galicia para investidoras e investidores de toda América, moitas e moitos deles galegos ou descendentes de gaelgas ou galegos, e cos que existe un vínculo social, cultural, lingüístico e, en moitos casos, mesmo familiar”, en palabras de Santiago Camba.

O secretario xeral lembrou que a Xunta ten posto en marcha, precisamente, varias iniciativas para incentivar estes investimentos, tales como a Rede de Plataformas Empresariais no Exterior, que desenvolve o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, presentou a importantes empresarias e empresarios vinculados á diáspora na súa recente viaxe a México e Panamá.

Membros da Comisión
Integran a Comisión Delegada dezaseis membros, dous deles da Secretaría Xeral da Emigración, e os outro catorce escollidos no propio Consello das Comunidades Galegas no Exterior, en función da representación e peso da emigración galega no mundo: catro de centros galegos en España, catro de Europa, e seis de Lationamérica.

En nome da Secretaría Xeral da Emigración están hoxe presentes en Ourense o propio Santiago Camba, e o subdirector xeral das Comunidades Galegas, Andrés Castro. En representación da diáspora no resto de España están: Ernesto Lagarón, pola Agrupación Saudade de Barcelona; Antonio Barbosa, da Casa de Galicia de Valladolid; Gregorio Isasi, da homónima de Elgoibar (Guipúscoa); e Raimundo Otero, do Lar Gallego de Sevilla. Representando á emigración galega en Europa atópanse: Juan Fraga, do Centro Galego de Hannover; José Constenla, de A Nosa Galiza de Xenebra; Nicolás Miño, do Centro Galego de Londres; e Xosé Fernández, do Lar Galego de Rotterdam.

Finalmente, portan a voz da diáspora en Latinoamérica: Antonio Piñón, pola Hermandad Gallega de Venezuela; Jorge Torres, do Centro Gallego de Montevideo; José María Vila, do Centro Galicia de Bos Aires; Enrique Repiso, da Sociedad Viveiro y Comarca de La Habana; Óscar Graña, do Centro Gallego de Buenos Aires; e Cándido Lois, da Casa de Galicia de Montevideo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas