GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón aposta en Bruxelas por un diálogo permanente cos países de orixe dos inmigrantes

(14/12/2011)

Anna Terrón aposta en Bruxelas por un diálogo permanente cos países de orixe dos inmigrantes

A Unión Europea debate sobre o novo Enfoque Global da Migración e a Mobilidade, que promove unha maior cooperación entre os Estados membros e os terceiros países

13 dic 2011.- A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, asistiu hoxe en Bruxelas ao Consello de Ministros de Xustiza e Interior, onde se analizou o novo Enfoque Global da Migración e a Mobilidade da Unión Europea. A Comunicación presentada pola Comisión Europea insiste no establecemento de "relacións máis fortes entre os Estados membros e os países terceiros", un dos alicerces da política migratoria española nos últimos anos.

O Enfoque Global da UE establece o marco xeral da política migratoria europea, integrado nos principios da política exterior e de cooperación ao desenvolvemento da UE e aliñado coa política interior. O seu obxectivo é establecer asociacións con países terceiros en materia de migracións de forma sistemática e global. Respecto diso, a secretaria de Estado sinalou que "o diálogo e a cooperación cos países de orixe e tránsito é imprescindible para unha boa xestión das migracións. Só así lograremos fomentar e garantir unha mobilidade con dereitos".

Ademais, Anna Terrón destacou a importancia de traballar de forma conxunta a nivel europeo neste terreo, desenvolvendo mecanismos que se adapten aos retos actuais. "É necesaria unha política migratoria común conectada con outras políticas europeas, que teñan en conta a realidade dos países terceiros", agregou.


PRESERVAR A LIBRE CIRCULACIÓN

Con esa mesma vontade de alcanzar políticas comúns referiuse a secretaria de Estado aos mecanismos de gobernanza Schengen, que tamén se analizaron no Consello JAI de hoxe. Anna Terrón apuntou que "a libre circulación é un dos pasos máis importantes que se deron na historia da construción europea, polo que debemos preservala". Na súa opinión, "sería moi desproporcionado reformular a libre circulación interior por mor da inmigración. En España, tivemos episodios difíciles e resolvémolos cun maior diálogo cos países de orixe, reforzando o control de fronteiras, con máis Europa".

Ademais, na reunión en Bruxelas debateuse o novo instrumento financeiro JAI, co que se quere simplificar a forma en que os Estados membros poden facer uso dos seus fondos. Así, establécese, por unha banda, o Fondo de Asilo e Inmigración, que se centra nos fluxos migratorios e na xestión integrada da migración. E por outro, o Fondo de Seguridade Interior, que axudará á implementación da Estratexia de Seguridade Interior e a pór en marcha programas de cooperación entre as forzas de seguridade europeas, incluíndo programas para a xestión das fronteiras exteriores da Unión. Ambos os Fondos terán unha dimensión exterior, pola que se poderán financiar actividades en terceiros países que teñan un interese prioritario para a UE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas