GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE aproba o permiso único de residencia e traballo para inmigrantes legais

(14/12/2011)

A UE aproba o permiso único de residencia e traballo para inmigrantes legais

O pleno do Parlamento Europeo aprobou este martes unha norma que establece un procedemento simplificado para que os inmigrantes legais poidan acceder a un permiso único de residencia e traballo e equipara os seus dereitos laborais, como o salario, o acceso á seguridade social e a formación, aos dos cidadáns da UE. Os 27 teñen un prazo de dous anos para aplicar a nova norma nas súas lexislacións nacionais. 


13 Decembro 11 - Estrasburgo - Ep

A nova norma reduce os trámites administrativos e simplifica o procedemento de admisión dos migrantes que queren vivir e traballar nun país da Unión Europea. Os eurodiputados rexeitaron o pasado ano unha primeira versión desta norma, ao considerar que non simplificaba suficientemente o proceso.

Coa decisión de establecer un 'portelo único', os traballadores estranxeiros en situación regular e os empresarios que os contratan poderán solicitar os permisos de residencia e traballo mediante un procedemento único. Esta iniciativa completa outras xa en marcha como o cartón azul e pretende facilitar a inmigración legal e responder ao tempo ás necesidades do mercado laboral europeo, segundo explica a Eurocámara nun comunicado.

En calquera caso, a decisión de admitir a entrada dun inmigrante seguirá estando en mans do país comunitario ao que chega, cuxas autoridades terán un prazo de catro meses para aprobar ou rexeitar unha solicitude de permiso único.

Ademais de simplificar os trámites para obter os permisos de residencia e traballo, o permiso único atribúe unha base común de dereitos aos traballadores de terceiros países e aos traballadores da UE. A igualdade de trato dos traballadores está no corazón desta directiva, segundo explicou a relatora do informe da Eurocámara, a francesa do PPE Véronique Mathieu.

Estas normas aplicaranse aos estranxeiros que soliciten a residencia para traballar nun dos Estados membros ou que xa residan legalmente na UE. Os traballadores desprazados dentro da UE estarán excluídos do permiso único, do mesmo xeito que os residentes de longa duración e os refuxiados (que xa están cubertos por outra lexislación comunitaria).

Os temporeiros e os empregados de multinacionais desprazados a unha das delegacións da súa empresa na UE tampouco están incluídos, pois quedarán cubertos por dúas directivas sectoriais. Os traballadores autónomos, as au-pairs e os mariñeiros que faenan en buques comunitarios tamén están excluídos.

O permiso único equipara os dereitos laborais dos inmigrantes legais aos do resto de cidadáns europeos que traballan en chan comunitario, polo que terán acceso á seguridade social nas mesmas condiciones que os cidadáns do Estado membro de acollida. Con todo, este dereito poderá restrinxirse no caso de traballadores con contratos de menos de seis meses. Ademais, os países poderán limitar o acceso ás prestacións familiares no caso de inmigrantes admitidos para cursar estudos.

Tamén poderán recibir as súas pensións cando regresen ao seu país de orixe nas mesmas condicións e cos mesmos porcentaxes que os nacionais do Estado membro no que coticen. Os países da UE poderán restrinxir o acceso aos servizos públicos, como a vivenda, aos inmigrantes que estean traballando.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas