GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España é o país da UE desde onde se enviaron máis remesas en 2010

(13/12/2011)

España é o país da UE desde onde se enviaron máis remesas en 2010

Martes, 13 de Decembro de 2011

remesasOs traballadores inmigrantes que residen en España lograron enviar 7.198 millóns de euros en remesas aos seus países ao longo de 2010, un 0,7% máis que o ano anterior e a maior cifra de toda a Unión Europea (UE), que en total rexistrou envíos de diñeiro por valor de 31.200 millóns de euros, un 3% máis que en 2009.

O diñeiro enviado desde España supón o 23% do total. Segundo datos da oficina de estatística europea, Eurostat, Italia foi o segundo país con maior volume de envíos, concretamente 6.600 millóns de euros (o 21% de toda a UE), seguido de Alemaña (con 3.000 millóns, o 10%), Francia (con 2.900 millóns, o 9%), Holanda (con 1.500 millóns, o 5%) e Grecia (con 1.100 millóns, o 3%).

As cifras permanecen por baixo dos niveis logrados en 2007. Un dos anos en que máis baixou o volume de remesas foi 2009 e, desde entón, rexistrouse unha leve recuperación.

O destino maioritario deste diñeiro que logran aforrar os inmigrantes son os países extracomunitarios, que acaparan o 72% do total. Con todo, en 2010 o envío de remesas a estados membros aumentou un 6% con respecto ao ano precedente, mentres que o diñeiro enviado por traballadores a países do resto do mundo só creceu un 1%. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas