GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A moratoria fixo que a chegada de inmigrantes romaneses caia un 60%

(13/12/2011)

A moratoria fixo que a chegada de inmigrantes romaneses caia un 60%

Martes, 13 de Decembro de 2011

rumanosA chegada de cidadáns romaneses a España reduciuse en dous terzos desde que en xullo entrase novamente en vigor a moratoria, que lles esixe contar cun permiso de traballo para acceder ao mercado laboral español.

Así o informou a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, que asegurou que 'houbo unha contracción das saídas desde Romanía moi notable, de dous terzos, e nese sentido, valóroo positivamente aínda que sempre é dificil valorar positivamente unha medida como esta; pero o efecto buscado, que era reducir as saídas desde Romanía ata que a situación das persoas que estean aquí non mellore, si se conseguiu'.

A entrada de inmigrantes romaneses foi menor. E é que, segundo Terrón, as campañas agrícolas españolas optaron por contratar máis xente que xa estaba no país, tanto estranxeiros como españois.

Os romaneses son o colectivo de estranxeiros máis numeroso en España, con 901.435 persoas, equivalentes ao 36% dos europeos residentes no país. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas