GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración fomenta a mediación intercultural no ámbito sanitario a través de cursos específicos de formación

(12/12/2011)

Emigración fomenta a mediación intercultural no ámbito sanitario a través de cursos específicos de formación

 
 
Luns, 12.12.2011
  • O obxectivo é facilitar o acceso das e dos inmigrantes ao sistema sanitario, ao tempo que se axuda ao persoal facultativo a superar as posibles barreiras culturais co doente.
  • A acción formativa ten lugar en Ourense, Santiago e Vigo.

Cursos formativos e específicos de mediación intercultural sanitariaOurense acolleu, estes venres e sábado, o primeiro dos tres cursos formativos e específicos de mediación intercultural sanitaria organizados pola Secretaría Xeral da Emigración, e que terán continuidade o vindeiro venres 16 en Santiago, e o domingo 18 en Vigo.

Trátase dunha iniciativa que pretende facer máis fluída a comunicación entre o persoal sanitario e as e os pacientes doutras nacionalidades, e facilitar a estes a súa relación co sistema sanitario. En moitas ocasións, as barreiras idiomáticas e culturais atrancan as pontes de comunicación entre o persoal facultativo, ou mesmo a propia Administración sanitaria, coas persoas beneficiarias do sistema, especialmente as chegadas desde países extracomunitarios.

As e os destinatarios da acción formativa son, fundamentalmente, responsables e membros de asociacións de inmigrantes radicadas en Galicia, e persoal e voluntarias e voluntarios de entidades sociais que traballan no eido da inmigración, así como profesionais dos ámbitos social e sanitario en xeral.

Así, ao primeiro curso celebrado en Ourense asistiu persoal membro das organizacións Aexpa, Fundación Anduriña, Caritas Diocesana, Femuro, Portas Abertas, Asociación de Retornados e Inmigrantes Doña Ignacia Gómez Paz, Viraventos, ou a asociación de venezolanos en Ourense Alma Llanera.

A petición das entidades
Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia trala petición realizada por estas e outras entidades sociais que levan anos traballando neste campo, consoante coa intención declarada da Secretaría Xeral de Emigración de achegar a estas entidades cursos demandados pola propia sociedade, en troques de planificacións formativas sobre o papel con menor rendemento.

Estas entidades teñen comentado que as diferenzas lingüísticas e culturais en ocasións poden levar á aparición de dificultades de comunicación ou de entendemento entre o persoal sanitario e as e os pacientes, sendo necesario adoptar medidas de axuste e adaptación. A mala comprensión sobre cómo se deben de usar os servizos sanitarios pode prexudicar aos pacientes cara á obtención dun tratamento axeitado dos seus problemas de saúde, e provocar erros que supoñan a repetición de probas ou consultas.

O papel do mediador intercultural sanitario para a superación destas dificultades é clave: tanto para que as persoas inmigrantes poidan exercer o seu dereito á saúde coas debidas garantías dun xeito efectivo, como para acadar un mellor funcionamento do sistema sanitario.

O curso, dunha duración de dez horas, pretende potenciar a capacitación dos profesionais e voluntarias/os que traballan no campo da mediación intercultural sanitaria, para que poidan desenvolver o seu labor con maior eficacia, así como achegar coñecementos e experiencias sobre esta mediación, e aqueles aspectos relativos á organización e funcionamento do sistema sanitario que teñen máis incidencia na atención das e dos pacientes inmigrantes.

Contidos moi prácticos
Os módulos impartidos inciden en aspectos como a definición e fins da mediación intercultural; o circuíto ´sanitario/a-mediador/a-paciente´; o plan de acollida e formación para a atención dos diferentes colectivos; os modelos de abordaxe de conflitos coa intervención de mediadores/as; casos prácticos de mediación intercultural; ou a saúde mental e o proceso de dor.

Tamén se realiza unha análise da situación e dos principais problemas que se presentan na atención sanitaria da poboación inmigrante; as pautas de derivación aos centros de atención primaria, centros hospitalarios, centros de saúde mental e centros de atención e seguimento de drogodependencia; a regulación legal do dereito das persoas inmigrantes á asistencia sanitaria; así como un obradoiro práctico de interculturalidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas