GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A sobrecualificación dos inmigrantes en España elévase ao 58%

(12/12/2011)

A sobrecualificación dos inmigrantes en España elévase ao 58%

Venres, 09 de Decembro de 2011

titulaciónO 58% dos traballadores estranxeiros de entre 25 e 54 anos que residen en España desempeñan empregos para os que contan cunha formación maior, é dicir, están sobrecualificados. Segundo os últimos datos de Eurostat, que datan de 2008, en Europa a sobrecualificación de inmigrantes chega ao 34% de media.

España ocupa o segundo lugar en estranxeiros con maior cualificación que a requirida nos seus traballos, só por detrás de Grecia, país no que a sobrecualificación de inmigrantes alcanza taxas do 62%.

A oficina estatística da Unión Europea (UE) destaca tamén que o 31% dos traballadores españois ten un nivel de formación que está por encima do requirido para o seu posto de traballo, sendo esta a taxa máis alta de Europa. A media comunitaria sitúase no 19%.

O risco de pobreza tamén afecta maiormente aos traballadores estranxeiros tanto en España como no resto da UE. E é que un de cada tres estranxeiros pode verse afectado pola pobreza ou a exclusión social, unha taxa que descende ata o 18% no caso da poboación nativa. En España, este risco afecta ao 32% dos inmigrantes residentes. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas