GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes cobran a metade do que gañan os traballadores españois

(02/12/2011)

Os inmigrantes cobran a metade do que gañan os traballadores españois

Venres, 02 de Decembro de 2011

trabajadorasA poboación traballadora estranxeira, que cobra un salario medio anual de 10.256 euros, recibe só un 53,66% do Salario Medio Anual (SMA). Por sexo, as mulleres estranxeiras, cun SMA de 9.001 euros, cobran só un 47,09% do SMA xeral, mentres que os homes estranxeiros, con 11.050 euros anuais, cobran un 57,81% do SMA. As diferenzas acentúanse nos tramos salariais intermedios, que van entre 0,5 e 4,5 veces o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Con todo, nos tramos salariais inferiores ao 0,5 do SMI e nos superiores a 4,5 veces o SMI, as remuneracións medias dos asalariados estranxeiros son máis altas que as dos españois.

Os datos foron divulgados polo sindicato UXT e proceden da estatística de mercado de traballo e fontes tributarias 2010. O informe sostén que os asalariados estranxeiros representan o 10,98% do total de asalariados no ano 2010 e a poboación asalariada estranxeira, como colectivo laboral, está menos feminizada que o colectivo de asalariados españois.

Ademais, existe menos diferenza salarial entre as mulleres españolas e estranxeiras que entre os homes comparados entre si. Todas elas sofren unha discriminación salarial bastante significativa respecto dos homes das súas respectivas nacionalidades. No entanto, se se teñen en conta conxuntamente os tres anos de crises (2008-2010), dos datos obsérvase que unicamente os homes estranxeiros perderon poder adquisitivo, máis dun 9% do SMA mentres que as mulleres estranxeiras gañaron un 4,23%.

Outro dato de interese é o que mostra que os asalariados estranxeiros son novos respecto dos asalariados en xeral e que as mulleres estranxeiras teñen máis dificultades para permanecer ao longo da vida laboral activa no mercado laboral español que os homes estranxeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas