GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Congreso "Universidades e Inmigración: Formación na Diversidade"

(02/12/2011)

Congreso "Universidades e Inmigración: Formación na Diversidade"

A iniciativa reúne a representantes de universidades e expertos nos ámbitos educativo e laboral nun espazo de reflexión sobre a relación entre a Universidade española, a inmigración e a xestión da diversidade
A área de Inmigración do Instituto Ramón Rubial da Fundación Ideas organiza o Congreso Universidades Españolas e Inmigración: Formación en Diversidade o 13 de decembro na Sede da Comisión Europea en Madrid. A relación entre o espazo universitario e a inmigración en España, tendo como contexto a adaptación ao sistema europeo que marca Bolonia, reunirá a representantes de universidades e expertos de ámbitos educativos e laborais relacionados coa inmigración e a xestión da diversidade.

No transcurso do Congreso abordaranse temas que van desde a Estratexia Universitaria 2015 ata os relacionados coas homologacións e o recoñecemento das titulacións e habilidades adquiridas en terceiros países e a súa incidencia no mercado laboral.

Trátase de xerar un espazo de análise, reflexión e debate sobre temas que afectan a un gran número de persoas de orixe estranxeira pero tamén á sociedade no seu conxunto ao incidir de cheo no proceso de integración. Chegar a ter unha visión xeral e veraz da realidade, coas súas vantaxes e inconvenientes, é fundamental para encarar os retos que implica unha boa xestión da diversidade, que ha de partir necesariamente, desde a tripla igualdade de dereitos deberes e oportunidades.

O Congreso realízase grazas ao apoio da Subdirección Xeral de Aprendizaxe ao longo da vida, do Ministerio de Educación e os contidos estrutúranse ao redor de tres mesas de debate: "A Universidade Española ante un Novo Camiño da Xestión da Diversidade"; "Inmigración, Igualdade e Educación" e "Inmigración: da Universidade ao Mercado Laboral".

Día: 13 de Decembro de 2011.

Hora: 9-18 h.

Lugar: Representación da Comisión Europea en España. Paseo de la Castellana  46, 28046 Madrid.

Para confirmar a participación e obter máis información: institutoramonrubial@fundacionideas.es; lstan@fundacionideas.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas