GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Redúcense os residentes de cinco das principais nacionalidades estranxeiras en España

(02/12/2011)

Redúcense os residentes de cinco das principais nacionalidades estranxeiras en España

Mantense o equilibrio entre cidadáns comunitarios e extracomunitarios

30 novembro 2011. A cifra de estranxeiros de cinco das principais nacionalidades que viven en España reduciuse. Así, o número de residentes de Ecuador, Colombia, Perú, Cuba e Arxentina diminuíu no terceiro trimestre de 2011, segundo revela o informe Estranxeiros residentes en España. Principais resultados, que a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración fixo público hoxe.

A análise estatística sinala que a cifra de cidadáns de Ecuador, a segunda nacionalidade extracomunitaria con máis residentes en España, diminuíu en 3.234 persoas. Mentres, no caso de Colombia, a terceira nacionalidade, reduciuse en 1.751 cidadáns; e no de Perú, en 1.511.

O informe tamén fala da tendencia ao equilibrio entre a cifra de cidadáns procedentes doutros países da Unión Europea que viven en España e os de terceiros países. A 30 de setembro de 2011, o 48,46% dos estranxeiros pertencen ao Réxime Comunitario (o que supón 2.517.268 cidadáns) e o 51,54% restante ao Réxime Xeral (2.677.662 persoas).

Madrid e Barcelona son as provincias onde vive o maior número de residentes do Réxime Comunitario, con 398.433 cidadáns e 257.215 respectivamente. Séguenlles Alacante, Valencia, Málaga e Baleares. No caso dos cidadáns pertencentes ao Réxime Xeral é na provincia de Barcelona onde residen máis estranxeiros, con 535.761, seguido de Madrid, Murcia, Valencia, Alacante e Xirona. A cifra de cidadáns de terceiros países diminuíu en 19 provincias.
Doutra banda, os datos trimestrais indican o predominio de autorizacións de longa duración, representando dúas de cada tres autorizacións do Réxime Xeral. Así, actualmente hai un total de 1.780.503 autorizacións de longa duración en vigor (o 66,49%), o que supón un incremento do 2,39% con respecto ao trimestre anterior. Polo contario, as autorizacións de carácter temporal descenderon en 31.870 (un 3,43%). A diminución do número de autorizacións temporais supón un descenso este trimestre de 42.804 autorizacións que foron renovadas por primeira vez.

Equilibrio entre homes e mulleres

A tendencia ao equilibrio entre homes e mulleres que vén detectándose nos últimos meses tamén queda reflectida en resultados publicados hoxe polo Observatorio Permanente da Inmigración. Actualmente, dos residentes que pertencen ao Réxime Comunitario, un 51,60% son homes e o 48,40%, mulleres. No Réxime Xeral hai un 53,70% de homes e un 46,30% de mulleres. A alta proporción de homes entre os africanos (62,65%) contrarresta a maioría feminina das nacionais de América Central e do Sur (54,21%). Tamén hai maioría masculina entre os cidadáns procedentes de Asia (57,40%) e Oceanía (58,46%).

Mentres, máis da metade dos residentes do Réxime Xeral ten entre 25 e 44 anos (o 51,43%). O grupo de menores de 16 anos supón o 18,63%, ou sexa 498.732 persoas das que 317.127 son menores de 10 anos. A idade media, de 31,7 anos, é cinco anos inferior á do Réxime Comunitario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas