GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de persoas que saen de España supera xa ao das que chegan en busca de traballo

(30/11/2011)

O número de persoas que saen de España supera xa ao das que chegan en busca de traballo

Trabajadores

Algúns empregados no seu posto de traballo. (EP)

O INE calcula que este ano medio millón de persoas abandonarán España, das que máis de 50.000 serán españolas.
O subdirector xeral do INE augura que esta situación continuará ata 2020.
En 2008 e 2009, a chegada de inmigrantes caeu máis do 50%.
Actualmente, os estranxeiros representan o 10,28% do total de afiliados á Seguridade Social.

EFE. 27.11.2011

A crise económica que estalou en 2008, e que na actualidade non parece ter fin, fará que este ano, por primeira vez desde a crise, o número de persoas que saen de España en busca de oportunidades supere ao de quen chegan en busca de traballo.

Así, en 2011 está previsto que cheguen a España 450.000 persoas (351.588 fixérono ata setembro) fronte ás 580.850 que sairán en busca de oportunidades (407.214 ata setembro), co que o saldo migratorio será negativo en 130.850 persoas.

"Analizando estas cifras todos temos en mente a conxuntura económica", explicou o subdirector xeral adxunto de Estatísticas de Poboación do Instituto Nacional de Estatística (INE), Sixto Muriel, quen augurou que o saldo migratorio será negativo polo menos ata 2020, último exercicio do que se fixeron proxeccións.

Desde 2008 a deterioración da economía e do mercado laboral español foi imparable, alcanzando unha taxa de paro do 21,52% que, segundo todas as expectativas, aínda non tocou teito. As cifras son claras e o millón de estranxeiros que en 2007 chegou a España buscando unha oportunidade, reduciuse a menos da metade nos tres últimos anos.

No entanto, Muriel recordou que foi en 2008 e 2009 cando a chegada de inmigrantes caeu máis do 50% ata estabilizarse nunhas 450.000 chegadas anuais desde entón.

Cambio de tendencia
Pola contra, o que se está producindo nos últimos anos é "un forte incremento" das saídas, sinalou Muriel, quen calculou que este ano medio millón de persoas abandonarán España, das que máis de 50.000 serán españolas, cifra moi superior ás 34.000 de 2008.

As contas da Seguridade Social tamén se resentiron da situación laboral dos inmigrantes en España e da decisión de retornar aos seus países.

Menos estranxeiros desde 2008
Así, tendo en conta que o estalido da crise económica internacional tivo lugar no verán de 2008, desde outubro dese mesmo ano a Seguridade Social perdeu 274.185 afiliados estranxeiros, o 13,3% dos 2.059.547 inscritos.

Actualmente, os estranxeiros representan o 10,28% do total de afiliados á Seguridade Social, que suman 17.360.313.

Por países, do total de inscritos o colectivo máis numeroso procede de Romanía, con 287.225, seguido de Marrocos, con 206.860; Ecuador, con 135.126; Colombia, con 97.178; China, con 86.653, e Bolivia con 82.843.

Medidas do PP contra a inmigración
A actual situación de crise fixo que entre as medidas que o PP planea para a nova etapa figure a de impedir que os inmigrantes poidan regularizar a súa situación tras residir en España tres anos, se durante ese período a súa situación era "ilegal", segundo avanzou o portavoz parlamentario do PP en materia de Inmigración, Rafael Hernando.

Ata agora, o Regulamento da Lei de Estranxeiría de España permitía aos estranxeiros conseguir a regularización por "arraigamento social" se acreditaban a súa permanencia en España polo menos tres anos e contaban cun contrato de traballo no momento de legalizar a súa situación. Rafael Hernando precisou que, agora, o PP prohibirá esa posibilidade como ferramenta para loitar contra a inmigración ilegal.

Segundo datos do Observatorio Permanente de Inmigración, dependente do Ministerio de Traballo e Inmigración, actualmente en España hai 5.144.269 inmigrantes "legais", isto é con certificado de rexistro ou cartón de residencia en vigor. Deles, 2.476.334 proveñen de países da Unión Europea e de Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza e o resto, 2.667.935 de terceiros países como Marrocos, Ecuador, Colombia, China, Bolivia ou Perú, entre outros.

Ante a falta de oportunidades laborais e a decisión de retornar aos seus países, en 2009 o Goberno español impulsou tres modalidades de Plans de Retorno Voluntario aos que xa se acolleron máis de 30.000 persoas. O primeiro permite a capitalización ou rescate da prestación por desemprego acumulada durante o tempo que traballaron en España. O segundo consiste nunha axuda que se concede a proxectos empresariais viables no país de orixe e o terceiro baséase na atención social para inmigrantes en situación de vulnerabilidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas