GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Colectivos de emigrantes en América reforzan os seus lazos coa Costa da Morte

(29/11/2011)

Colectivos de emigrantes en América reforzan os seus lazos coa Costa da Morte

O presidente da Deputación visita o ABC de Corcubión e Fillos de Zas en Arxentina e o Bergantiños en Montevideo

Autor:
carballo / a voz
Data
29/11/2011

O presidente da Deputación, Diego Calvo, comezou onte cinco días de periplo por Arxentina e Uruguai, nos que terá contacto directo con varios colectivos de emigrantes orixinarios da Costa da Morte.

Na primeira xornada en Buenos Aires, Calvo presidiu a inauguración do do novo local social da Asociación Benéfico Cultural (ABC) do Partido de Corcubión. A Deputación investiu 37.873 euros nas obras de mellora, o que supón un 80% do orzamento total

O proxecto no que colaborou a institución provincial consiste na adecuación das instalacións do local para adaptalo a práctica de actividades dirixidas sobre todo á terceira idade: crearon dous ambientes diferentes mediante un sistema de paneis acústicos móbiles que dividen o salón en dous sectores de dimensións similares, que permitirán ter dispoñibles dous espazos de uso independente ou, se é necesario, utilizar o salón enteiro.

No acto, Calvo estivo acompañade polo presidente da entidade, Carlos Óscar Ameijeiras Miñones, que agradeceu a colaboración da Deputación.

Calvo, pola súa banda, felicitoulle polo traballo que desenvolven, e eloxiou o «papel fundamental» das sociedades da emigración para manter os vínculos con Galicia.

Ademais do ABC, aproveitou a súa primeira xornada na capital arxentina para visitar (entre outras) a sede da sociedade Fillos do Concello de Zas, que preside Ángel Pereira Espasandín. O organismo provincial concedeu unha axuda de 7.500 euros destinado a financiar o equipamento, gastos de funcionamento e actividades que levan a cabo no local.

Tras as súas actividades en Buenos Aires, Calvo Pouso dedicará a súa última xornada da estancia americana a coñecer aos responsables e as sedes do Fogar Español de Montevideo e o Centro Social e Cultural Bergantiños.

Celebracións en Suíza e Liechtenstein

Os numerosos emigrantes da comarca en Suíza e Liechtenstein teñen estes días diversas citas festivas para atoparse. Unha, en Basilea, xa se celebrou o sábado: o 30 aniversario da Sociedade Galega Sementeira, á que tantos veciños da Costa da Morte pertencen. O seu presidente, Ramón Carreira, é de Oza-Carballo, e un dos primeiros foi Bautista Pouse, o exalcalde nacionalista de Muxía.

Ademais das actuacións de diversos grupos (A Nosa Galiza de Xenebra, Rosalía de Castro de Berna, A Roda de Lousame e os anfitrións, todos con representación comarcal), o invitado especial foi Cándido Pazó, co seu monólogo Memorias dás memorias dun neno labrego.

 

En Berna tamén haberá festa en próximo domingo, día 3. Será no restaurante do centro galego da capital suíza, que preside José Antonio Calvo Branco, de 35 anos (21 xa en Suíza), natural de San Martiño de meanos (Zas) e moi vinculado a Carballo. A maior parte dos 168 socios son da Costa da Morte e a súa contorna.

Para o domingo organizou a Festa do temporero: «Aquí hai moitos, e cada vez, máis. Está chegando moita xente de toda a comarca», sinala. ¿E en que traballan? «Non que atopan», responde. «E de momento vai habendo choio». Esta emigración recorda moito á dos anos 80, aínda que en menos número.

 

Un día antes, o sábado, celebrarase en Vaduz, a capital de Liechtenstein, a festa anual dos emigrantes. Que, de novo, proceden na súa práctica totalidade da zona. Organiza a celebración o centro Santiago Apóstolo, que preside Manolo Figueroa, un muxián-ceense.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas