GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As xornadas "Novidades da normativa en materia de estranxeiría", organizadas pola Secretaría Xeral da Emigración, conclúen cunha ampla acollida e participación

(28/11/2011)

As xornadas "Novidades da normativa en materia de estranxeiría", organizadas pola Secretaría Xeral da Emigración, conclúen cunha ampla acollida e participación

 
 
Sábado, 26.11.2011
  • Preto de cen profesionais de entidades sociais e da Administración local achegáronse ata a sede da EGAP para participar nesta actividade formativa.

Secretaría Xeral da EmigraciónA Secretaría Xeral da Emigración vén de celebrar dúas xornadas sobre as Novidades da normativa en materia de estranxeiría, dirixidas ao persoal das entidades sociais e ao persoal da Administración local que está traballando no eido da inmigración. Ambas as xornadas, que tiveron lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) os pasados días 23 e 24 e que estaban dirixidas ao persoal de entidades sen ánimo de lucro e dos concellos e as mancomunidades de municipio, contaron cunha ampla acollida e nelas participaron arredor dun cento de profesionais.

A apertura das xornadas correu a cargo do subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Antonio Aguarón Turrientes, quen remarcou que o obxectivo destas accións formativas é clarexar “algúns puntos da normativa que regula esta materia de competencia estatal, na que non se contou coas comunidades autónomas, e contar coa opinión das entidades implicadas no desenvolvemento normativo que a Secretaría Xeral da Emigración realizará proximamente”.

Na primeira parte das xornadas Juan José Vázquez, asesor xurídico da Unidade de Atención ás Migracións do Concello da Coruña, expuxo as principais novidades do Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, cun enfoque práctico. O obxectivo é que aquelas persoas que xestionan programas de acollida e integración dirixidos á poboación inmigrante poidan solucionar os problemas que lles presenta o seu traballo diario con maior eficacia. Deste xeito, analizáronse os cambios introducidos nas figuras da estancia, a residencia temporal, a residencia de longa duración e o arraigo, así como cuestións relacionadas cos menores estranxeiros e extranxeiras non acompañados, a reagrupación familiar ou as mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero.

Na segunda parte das xornadas María Mercedes Mato, xefa do servizo de Información e tramitación de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, explicou as competencias que a normativa en materia de estranxeiría atribúe ás distintas administracións públicas.

Na xornada do día 23 tamén se desenvolveron tres grupos de traballo para recoller ideas e suxestións sobre a acreditación do esforzo de integración, establecido na normativa en materia de estranxeiría. Nesta mesa de traballo recolléronse interesantes suxestións sobre o contido e organización das accións formativas ás que alude a nova normativa de estranxeiría de cara á acreditación do esforzo de integración. Así, as achegas fixeron referencia tanto ao que respecta á acreditación da aprendizaxe dos valores constitucionais, estatuarios e da Unión Europea e a liberdade e a igualdade entre homes e mulleres, como á acreditación do coñecemento das linguas oficiais da sociedade de acollida.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas