GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A cuestión inmigrante e o silencio electoral

(23/11/2011)

A cuestión inmigrante e o silencio electoral

23 nov 2011

Antonio Izquierdo
Catedrático de Sociología

A inmigración pasou no bico dos pés por esta campaña electoral. E pódese interpretar ese silencio como un esquecemento. Pero o ruído, cando é disputa partidista, contamina o xuízo. De modo que este silencio ten tamén unha lectura positiva. Polo momento foron unhas eleccións sen rendibilidade xenófoba. Esa falta de son é a expresión do tránsito desde a estranxeiría á cidadanía. Esa é, de aquí en diante, a cuestión inmigrante.
O ruído asóciase ao conflito e, para sorpresa de moitos, o que se respira é tranquilidade. Superamos o 20% de desemprego e, con todo, o racismo aínda se serve en prato pequeno. O cal demostra que o mercado non é a única vara de medir a capacidade de acollida dunha sociedade. De feito, nestes momentos, o emprego é un látigo, e se por el fose non habería convivencia. Pero a integración depende, sobre todo, do contrato social, é dicir, de como uns interpretan a presenza dos outros. Por iso a integración está funcionando sen diñeiro e sen seguir un modelo. Pero este silencio non vai solucionar a integración, e a tempestade pode seguir á calma se non se actúa durante a crise.
Ao desemprego combáteselle desatando ao inmigrante dun empleador, unha provincia e un sector de actividade. É a liberdade de movemento contra o celo burocrático. En canto á homologación de títulos, hai que valorar as particularidades e non só a identidade curricular. Saber doutras realidades é tamén un capital e na sociedade do coñecemento vale máis a diversidade que a homoxeneidade. Por fin, para previr a irregularidade nada mellor que facilitar a permanencia e a naturalización sen discriminación por orixe. Que sexan os mesmos anos para todos e que non se tarde menos tempo en nacionalizarse que en consolidar a residencia.
Pero a cuestión esencial é o porvir dos mozos de orixe inmigrante. Hai que redobrar o esforzo educativo para os que xa non son forasteiros. O seu problema non é a capacidade, senón crecer en familias sen diñeiro para elixir colexio nin influencias para atoparlles emprego. Porque seguirán chegando pateras, pero o tumulto pódese xestar dentro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas