GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A prosperidade de Europa dependerá da chegada de talento estranxeiro

(22/11/2011)

A prosperidade de Europa dependerá da chegada de talento estranxeiro

Luns, 21 de Novembro de 2011

malmstromO desemprego e as dificultades económicas que afrontan os países da Unión Europea non diminuíron a necesidade que ten o continente de traballadores inmigrantes, que crecerá nos próximos anos. Por iso, Europa prepara unha serie de medidas para o fomento da entrada legal de profesionais estranxeiros con facilidades para a obtención dos permisos de residencia e, en certos casos, a eliminación da devandita autorización.

Contradicindo o discurso que se escoita en moitos países europeos, especialmente nas campañas electorais, a comisaria de Interior da UE Cecilia Malmstrom anunciou que as medidas para atraer talento estranxeiro buscan soster o sistema de benestar europeo.

Por iso, axudaráselles a atopar empregos axeitados ás súas capacidades e facilitaráselles o envío de diñeiro aos seus familiares nos países de orixe.

Aínda que a taxa media de desemprego na Unión rolda o 9,5% -o que en cifras absolutas tradúcese en 22,5 millóns de parados-, o envellecemento da poboación europea fai prever que non haberá suficientes traballadores que cubran postos cualificados. Malmstrom deixouno máis claro ao explicar que 'para asegurar a súa prosperidade, Europa debe converterse nun destino máis atractivo na competencia global para captar talento'.

De feito, os datos indican que o 62% do crecemento da poboación da rexión durante o ano pasado xerouna a inmigración.

En canto aos sectores nos que a demanda de profesionais é máis urxente, Malmstrom destacou que nos próximos dous ou tres anos necesitaranse preto de dous millóns de persoas no sector sanitario, principalmente médicos e enfermeiras, así como enxeñeiros e especialistas en tecnoloxías da información.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas