GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os fiscais pedirán a expulsión dos irregulares que rouben reiteradamente

(16/11/2011)

Os fiscais pedirán a expulsión dos irregulares que rouben reiteradamente

Mércores, 16 de Novembro de 2011 

Cando os fiscais de Estranxeiría se atopen ante o caso dun inmigrante en situación irregular que cometa faltas ou delitos de forma reiterada, especialmente roubos, pedirán ao xuíz que substitúa a pena de privación de liberdade pola expulsión. Deste xeito, quérese evitar que a concatenación deste tipo de faltas beneficie ao infractor ao alargar a súa estancia en España polos enxuizamentos.

Así o indica a Instrución 5/2011 que ditou a Fiscalía Xeral do Estado (FGE) para dar a coñecer as actuacións que deben seguir os fiscais de estranxeiría nesta materia e na aplicación das normas contra o tráfico de inmigrantes e a trata de persoas con fins de explotación sexual ou laboral.

A lexislación actual permite ao xuíz substituír a pena de privación de liberdade pola expulsión cando o condenado é un estranxeiro sen permiso de residencia, sempre que a sentenza non impoña máis de seis anos de privación de liberdade, xa que para delitos máis graves prevese o cumprimento da condena en España.

A circular aclara que non se trata de afirmar que é posible a expulsión sustitutiva pola mera comisión dunha falta', senón que 'non será desproporcionado' facelo 'cando a falta ou o delito cometido sexa a última das manifestacións indicadoras dunha forma de vida patentemente contraria á orde pública española, como o acreditaría a existencia dunha pluralidade de condenas'.

O mesmo ocorrería, segundo a FGE, cando a falta ou delito cometidos supoñan 'un instrumento defraudatorio do réxime xurídico da estancia e residencia dos estranxeiros en España' ou cando 'signifique un obstáculo para a execución da expulsión acordada noutro procedemento penal por delito'.

Con todo, si considera 'inxusto e desproporcionado' optar pola expulsión dos inmigrantes en situación irregular que sexan condenados a penas privativas de liberdade inferiores a seis anos por falta de pagamento de multas ou por faltas illadas, polo que non solicitará a expulsión nestes casos. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas